Este sábado inaugúrase en Artes (Ribeira) a mostra do XV Premio Atlante de Gravado

09 Setembro 2024

O Museo do Gravado de Artes (Ribeira) vai acoller o sábado 14 de setembro (ás 13.00 horas na sala 0 do museo) a inauguración da mostra do XV Premio Atlante de Gravado. Contarase coa presenza do director do museo, Pastor Rodríguez, e do alcalde de Ribeira (e presidente do padroado) Luís Pérez Barral. Acudirán á cita, amais do director e o presidente do Museo do Gravado (e outras autoridades, patronos e premiados), o conselleiro de Cultura e Xuventude, José López Campos, a deputada de Cultura (Deputación da Coruña) Natividad González e o presidente da Real Academia Galega de Belas Artes, Manuel Quintana Martelo.

Esta exposición poderá visitarse do 14 de setembro ao 14 de novembro de 2024 no Museo do Gravado. 

O Premio Atlante de Gravado é un dos galardóns máis reputados neste eido, que conta co apoio do Concello de Ribeira, a Deputación da Coruña e a Xunta de Galicia e que na súa anterior XVI contou coa participación de candidatos de ata 20 países. Entre as patrocinadoras do certame atópanse FRINSA e Pedras de Santiago.

A gala será retransmitida por streaming a través da canle de Youtube do Museo do Gravado de Artes.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...