En marcha o servizo de Madrugadores de Muros dando servizo a 38 familias

17 Setembro 2024

O Concello de Muros puxo en marcha este curso 2024/205 o Servizo Municipal de Madrugadores, un programa de conciliación no CEIP Plurilingüe de Louro, o CEIP Ramón de Artaza y Malvárez, e o CEIP Plurilingüe Ricardo Tobío. A arrinque do programa chega logo de meses de colaboración coas asociacións de nais e de pais dos colexios (anpas) e de tomarse a decisión, dende o Goberno local, de que fose o Concello quen xestione directamente este curso o servizo de Madrugadores, gratuíto para as familias.

Neste arrinque do ano escolar xa hai 17 nenos e nenas no CEIP de Louro; 28 no Ricardo Tobío, e 9 no Ramón de Artazga. En total, 38 familias e 54 nenos e nenas.

“Os datos reflicten que as familias necesitaban este servizo, co obxectivo fundamental de favorecer a conciliación da vida laboral e familiar das nais e pais que o precisen antes do inicio do horario lectivo”, sostén a alcaldesa de Muros, María Lago, engadindo que “o Concello consensou detalles coas familias usuarias para que o servizo facilite efectivamente a conciliación real, aproveitando as vantaxes que nos dan as características da nosa comunidade educativa e permitíndonos ofertar un servizo case a carta, onde ninguén quede fora”.

Pola súa banda, a concelleira de Ensino sinalou que “con este novo servizo, damos resposta a unha demanda dos centros educativos e a unha necesidade das asociacións de nais e pais”.

“Desde que comezou o mandato, deixamos claro que os servizos públicos e temas como a conciliación son fundamentais para o Goberno local”, remata María Lago.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.