Comezaron en Noia as obras para dotar a vila dun novo miradoiro

29 Setembro 2024

O Concello de Noia, ao abeiro da súa liña de traballo de “poñer en valor os espazos infrautilizados”, comezou a construción dun novo miradoiro na estrada que vai ao núcleo de Páramo, detrás do pavillón do Colexio de Bergondo. Segundo informaron o alcalde Santiago Freire e a concelleira Laura Salgado, as obras xa arrincaron hai unhas semanas e “xa é posíbel observar os primeiros avances”. O obxectivo é que a cidadanía poida contar ao remate dunhas semanas cun novo espazo de lecer para “gozar das vistas privilexiadas da nosa vila e de boa parte da ría, ofrecendo un lugar perfecto para a desconexión e o disfrute da natureza”, engadiron.

Outros artigos

Domingo 13, sol e temperatura alta

Durante o domingo agárdanse néboas matinais en zonas de interior, que darán paso a ceos despexados na metade oeste. As temperaturas mínimas sufrirán un lixeiro descenso, mentres que as máximas experimentarán un moderado ascenso ehgando ós 25-27 graos. Os ventos...

+

Dous feridos nun accidente de tráfico en Aguiño

Unha condutora e unha ocupante dun turismo Nissan resultaron feridas tras unha colisión frontolateral na estrada DP-7305, á altura de Aguiño. O accidente, no que tamén estivo implicado un vehículo Fiat, provocou que ambos os automóbiles envorcasen e terminasen en...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión