As persoas maiores de Catoira aprenden a defenderse coas novas tecnoloxías

24 Setembro 2024

O Concello de Catoira, da man da Fundación Amigos de Galicia, vén de poñer en marcha un curso de dixitalización para axudar ás veciñas/os maiores 65 anos a realizar trámites básicos como usar o teléfono móbil, os caixeiros do banco ou pedir citas médicas a través da aplicación do SERGAS para fomentar a súa autonomía na vida cotiá.

O curso, activado este mes de setembro, é de balde e conta con 18 persoas inscritas. Desenvólvese na sala Celso Emilio Ferreiro do Concello en catro sesións ao longo deste mes de setembro. “Os obxectivos son conseguir que as persoas participantes poidan desenvolverse cun caixeiro automático, empregando un simulador para facer transferencias ou pagos de recibos, e tamén cun dispositivo móbil, poñendo o foco no manexo dos contactos da axenda, na realización de vídeo-chamadas, no emprego da localización ou na descarga de diferentes ferramentas de utilidade”, explicaron fontes do Concello.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.