Ambar celebrou a entrega de diplomas das formacións de actividades forestais e cociña e catering

30 Setembro 2024

Na mañá deste 30 de setembro celebrouse en Ribeira, no Centro de Recursos da Asociación Ambar das persoas con Diversidade Funcional, a entrega de diplomas das formacións de Operacións básicas de
cociña e catering
e Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes.

O acto acolleu ás persoas que puxeron o seu gran de area para apoiar e impulsar as formacións, comezando polas principais persoas protagonistas: Abdennour Alejandro, Antonio, Ángel, Fernando, Gonzalo, Antonio Manuel, Aray, Enrique, Fernando, Martín, Raquel, Ricardo e Vanesa; os alumnos e alumnas participantes nas formacións.

Tamén estiveron presentes, Juan Furones, Concelleiro de Sanidade, Marián Sánchez e Manolo Casais, educadores da UCA e Julio Pérez da Fundación Faiben.

Da Asociación Ambar asistiron Helena Teira, coordinadora xeral; Milagros Rey, presidenta da Asociación; Alicia Romero, secretaria; Jessica Estévez e Daniel Tojo, profesionais da área de emprego de Ambar.

Tamén participaron na xornada Beatriz Gallego Nieto, directora territorial de Inserta Empleo en Galicia, en representación de Fundación ONCE e Isaura Bouzón Calvo, como Consultora de Emprego e Formación en Inserta Empleo, e coordinadora das accións formativas.

A maiores, sumáronse ao acto as persoas representantes das empresas acolledoras, que puxeron en valor o esforzo do alumnado en prácticas e satisfacción de acollelos. As empresas asistentes foron Agroforestal e Desbroces Tino.

Durante a cita, o alumnado tivo a oportunidade de compartir as experiencias das empresas acolledoras e realizar unha mesa redonda na que as representantes da Fundación ONCE, das empresas acolledoras e representantes do Concello debateron sobre os retos futuros e os aspectos claves para ter éxito na procura de traballo e para a empregabilidade.

Estes cursos realizáronse co apoio financieiro da Fundación ONCE a través da Convocatoria de Axudas Económicas para a Selección de Operacións para o Reforzo da Empregabilidade para Persoas con Discapacidade “Uno a Uno” Programa FSE+ de Inclusión – Ano 2023-2024.

E desenvolverase no marco do Programa de Inclusión Social, Garantía Infantil e Loita contra a Pobreza FSE+ 2021-2027 (Programa FSE+ de Inclusión) do Fondo Social Europeo (FSE), en concreto co Obxectivo Político 4, Obxectivo Específico h), establecido no Artigo 4 do Regulamento (UE) 1296/2013, relativo a “Fomentar a inclusión activa ó obxecto de promover a igualdade de oportunidades, a non discriminación e a participación, e mellorar a empregabilidade, en particular para os grupos desfavorecidos”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.