A Deputación impulsa con 500.000 euros os investimentos das asociacións veciñais e de mulleres e comunidades de augas

01 Setembro 2024

A Deputación da Coruña vén de aprobar as bases reguladoras do programa de Subvencións para entidades sen ánimo de lucro da provincia da Coruña para a realización de investimentos de promoción económica durante o ano 2024.

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publicou este venres, 30 de agosto, as devanditas bases, que oficializan un programa de subvencións cun importe total de 500.000 euros cos que a Deputación da Coruña impulsará os investimentos e actividades de asociacións veciñais, asociacións de mulleres e comunidades de usuarios de augas.

Así, estas tres figuras de entidades poderán optar a subvencións de entre 1.000 e 28.000 euros ata acadar un 80% do orzamento presentado para a execución de obras e a adquisición de mobiliario ou equipo técnico.

De xeito máis concreto, as asociacións veciñais poderán financiar a través desta liña de axudas a execución de obras ou equipamentos de interese xeral no ámbito parroquial, municipal ou comarcal como abastecemento, iluminación, acondicionamento de camiños, adecuación de locais ou compra de mobiliario ou equipo informático.

Pola súa banda, as asociacións de mulleres poderán optar a recibir esta axuda para melloras de inmóbeis da súa titularidade; adecuación dos locais en materia de accesibilidade, eléctrica ou contra incendios, adquisición de mobiliario ou equipamento informático ou compra de materiais de uso técnico e artístico vinculados ao desenvolvemento da programación das actividades da entidade, entre outras.

Por último, a execución de obras ou equipamentos de interese xeral no ámbito parroquial, municipal ou comarcal relativas ao saneamento e abastecemento de augas son as actuacións subvencionábeis no caso da figura das comunidades de usuarios de augas.

O presidente provincial, Valentín González Formoso, destacou a importante labor de promoción da igualdade de xénero, participación cidadá ou prestación de servizos básicos á cidadanía que realizan este tipo de entidades, especialmente no ámbito rural. Precisamente por iso, apuntou, a Deputación debe estar ao seu lado e proporcionarlle recursos para fomentar a súa actividade.

A bases reguladoras do programa poden consultarse no BOP en PDF.

Valentín González nunha imaxe de arquivo

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.