Xusto Ordóñez deixa o cargo de concelleiro en Rianxo: O BNG lamenta a súa dimisión

08 Agosto 2024

A Asemblea Local do B.N.G. lamenta profundamente a decisión de Xusto Ordóñez de deixar a responsabilidade de concelleiro na Corporación de Rianxo, onde representaba ao Grupo Municipal (G.M.) do B.N.G. O seu posto será ocupado polo seguinte na lista Francisco Rey Grille.

Coa dimisión de Xusto Ordóñez, a Corporación de Rianxo e o B.N.G. perden, segundo a nota da formación política, unha voz comprometida coa verdade, a honradez e a xustiza, principios fundamentais do traballo político. Ordóñez destacou sempre pola súa preocupación polos intereses dos veciños e veciñas de Rianxo, mantendo unha comunicación aberta e próxima a todas as persoas.

Tanto no G.M. como na Corporación, Ordóñez foi un defensor do respecto ás diferenzas, priorizando as relacións humanas afables por riba das diferenzas ideolóxicas ou de opinión.

A Asemblea Local quere expresar publicamente o seu agradecemento polo traballo desenvolvido por Xusto Ordóñez dentro da Asemblea, do Grupo Municipal do B.N.G., do Goberno Municipal e, recentemente, como portavoz do Grupo Municipal. O seu labor en áreas como Patrimonio, Deportes e Seguridade foi fundamental, introducindo novas metodoloxías de traballo que seguen marcando a actividade nestes campos.

Entre as súas contribucións máis destacadas, cabe mencionar a protección, recuperación e divulgación do patrimonio do concello, o compromiso co deporte de base e a promoción do deporte feminino, especialmente no fútbol. Tamén impulsou o deporte popular, organizando carreiras populares.

A Asemblea Local expresa o seu pesar pola dimisión de Xusto Ordóñez, recoñecendo o valor enorme da súa achega tanto ao Grupo Municipal como á Asemblea. O seu traballo político na Corporación de Rianxo foi exemplar, e os valores que defendeu, como a entrega, honradez, compromiso nacionalista, loita pola verdade e unha enorme humanidade, serán recordados.

Desde a Asemblea, deséxaselle o mellor nas súas futuras tarefas profesionais, nas súas investigacións sobre a historia de Rianxo e nas súas labores familiares e persoais.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.