Todo listo para o Carnaval de Verán de Noia (este venres 30 de agosto)

29 Agosto 2024

Este venres día 30 de agosto as rúas da vila de Noia adornaranse e acondicionaranse para celebrar a festa do Carnaval de Verán. Trátase dunha actividade festiva e creativa impulsada en colaboración pola Área de Cultura do Concello que dirixe Pepe Pérez e o sector hostaleiro (Noia en Marcha), e cuxo programa vén con diferentes temáticas segundo o emprazamento: a Feira de Abril na Alameda, a Festa Ibicenca na praza da Constitución, a Noite de Río na rúa do Curro e os anos 80 e o espírito peace & love no malecón de Gasset.

O programa inclúe actuacións musicais e unha festa da auga para os máis pequenos, entre outras actividades. Dende a organización lanzaron un chamamento a residentes e visitantes para que se disfracen do que queiran e visiten as diferentes zonas habilitadas de celebración carnavaleira (estival).

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...