O sábado, día de San Lourenzo, continuaremos influenciados por as altas presións cunha masa de aire moi cálido sobre Galicia. Pola tarde medrarán nubes de evolución que poderán deixar algún chuvasco treboento, máis probable no interior da Comunidade. As temperaturas experimentarán un ascenso entre lixeiro e moderado chegando ós 34 graos. Os ventos soprarán do nordés con intervalos fortes en Bares e máis frouxos no resto.
Chegan as noites con maior actividade das Perseidas, tamén coñecidas popularmente como Bágoas de San Lourenzo. Entre o 11 ao 13 de agosto, é dicir, mañá ata o martes, poderase desfrutar dun espectáculo astronómico de gran vistosidade.

O noso mar: Vento do norte á mañá e variable á tarde e á noite, forza 1 a 3 á mañá, 2 a 3 á tarde e 1 a 2 á noite. Mar ovellado á mañá e á tarde e mar rizado á noite. Visibilidade boa á mañá e á tarde e mala á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0.5 a 1.5 metros.
Cámaras web da comarca (algunha pode nun funcionar puntualmente)
- Coroso directo _ Santa Uxía de Ribeira
- Praia de Balieiros directo- Corrubedo
- Praia da Ladeira directo- Corrubedo
- Praia das Furnas directo. Porto do Son
- Praia Aguieira directo.Porto do Son
- Portosín. Porto do Son
- Sálvora. Santa Uxía de Ribeira
- Pobra do Caramiñal directo. A Pobra
- Centro Náutico do Freixo
- Praia de Carnota
- Praia de Corón Vilanova de Arousa
- O Grove



