Ribeira avanza na eficiencia enerxética coa incorporación de paneis solares en tres novas dependencias municipais

08 Agosto 2024

O Concello de Ribeira vén de dar novos pasos en materia de eficiencia enerxética e sustentabilidade coa incorporación de dispositivos de enerxía solar en tres novas dependencias municipais. En concreto, a Administración local investirá 263.226€ na instalación de paneis fotovoltaicos para o Complexo Deportivo da Fieiteira, o novo Auditorio e as instalacións da Unidade de Condutas Aditivas (UCA) no marco dos fondos do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia financiado por la Unión Europea-Next Genaration EU.

Estas tres instalacións, xunto co Mercado Municipal, terán paneis fotovoltaicos, “o que supón xerar un aforro económico e avanzar na eficiencia enerxética así como reducir as emisións de carbono”,, explicou o alcalde Luís Pérez Barral, engadindo que “con actuacións como estas estamos poñendo o noso gran de area para termos un concello máis sostíbel, que loite contra o cambio climático ao reducir as emisións e tamén se conseguen aforros económicos a longo prazo”.

As instalacións foron adxudicadas á empresa Cobra Instalaciones y Servicios S.A.U. por un importe de 263.226€ dos cales 118.867€ se corresponden coa instalación da Fieiteira, 119.543€ para o novo Auditorio e 24.816€ para a UAD.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...