Recepción da obra do módulo de atletismo e deportes de contacto da Fieiteira

02 Agosto 2024

O Concello de Ribeira acudiu ao acto de recepción do novo módulo de atletismo e deportes de contacto no Complexo Deportivo da Fieiteira.


O rexedor, Pérez Barral e o concelleiro de Deportes, Xabier Vidal trasladáronse ao Complexo Deportivo da Fieiteira para recepcionar e sumar unha nova instalación ao complexo que, desta forma se reforza, cun módulo para a práctica do atletismo “indoor” e outro espazo destinado para os deportes de contacto.
O estudo de arquitectura “Oxil” de Corrubedo foi o encargado de facer o proxecto deste novo módulo que se incorpora ao Complexo Deportivo da Fieiteira; sendo o aparellador, Emilio Domínguez e o arquitecto, Manuel Domínguez que sinalou que “o módulo cuberto de atletismo e o módulo de tecnificación de deportes de contacto, é un edificio que xunto ca piscina suma 1.400 metros cadrados.
Este edicicio vai cubrir a demanda para os deportes de contacto e atletismo en cuberto convertendo a Ribeira nun minicentro de alto rendemento”.
Domínguez explicou tamén que no módulo de atletismo maximizouse o espazo para dar cabida á variedade de disciplinas; zona de adestramento con pista de carreira, zona de salto de lonxitude, triplo salto, zona de pértega, salto de altura, zonas de combate no andar superior e os vestiarios.
Luís Pérez Barral e Xabier Vidal Peón, xunto cos técnicos da Xunta, estiveron revisando e verificando a posta a punto das obras xa finalizadas, supervisando que as novas instalacións estén feitas conforme ao prego técnico redactado polos arquitectos e que a instalación cumpre cos estándares marcados pola normativa e lexislación vixente.
O rexedor informou que “é unha actuación co-financiada pola Xunta de Galicia e o Concello de Ribeira que acadou un investimento final de 2.743.000 euros dos que o Concello aportou 1.243.000 euros e a Xunta os restantes 1,5 millóns” tamén sinalou que “vai a ser unha instalación que permitirá que os clubes da cidade, tanto de atletismo coma os de deportes de contacto, teñan un espazo para practicar estes deportes con calidade e sobre todo vai facer que poidan chegar deportistas de outras localizacións. O rexedor puxo en valor que a colaboración entre institucións permite desenvolver proxectos tan positivos como este, por iso animou a seguir colaborando para outros proxectos.
“Ribeira estase a converter nun referente a nivel deportivo coas súas instalacións renovadas” asegurou.
Finalmente informou que dende o Concello de Ribeira estase a traballar para mellorar esa pista deportiva de atletismo exterior, e tamén paralelamente todo o complexo para que os usuarios e usuarias poidan facer uso dunhas instalacións coidadas. “É un complexo que ten moitísimos abonados e por tanto necesitamos debemos seguir investindo recursos para renovar a instalación para que Ribeira conte cunhas instalacións adecuadas que respondan ás demandas da veciñanza e dos clubes deportivos” concluíu. obriga de facer uso da infraestrutura” concluíu.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...