Proseguen as Festas de Verán de Santa Uxía con xogos e obradoiros para a rapazada, concertos e un mercadiño solidario con A Creba

02 Agosto 2024

Este venres proseguen (até o domingo e parte do luns) as Festas de Verán de Ribeira con actividades para a rapazada (pola mañá e pola tarde), un mercadiño solidario da Creba, música ao mediodía e, tamén, pola noite.

Máis polo miúdo, este venres 2 de agosto está prevista unha festa para a rapazada ás 11.30 horas na praza do Concello, con inchábeis, xogos feitos con material de refugallo e animación musical (até as 13.30 horas). Ás 11.30 está previsto un mercadiño solidario coa Asociación A Creba (na rúa Rosalía de Castro) e ás 13.30 haberá concertos na praza da Porta do Sol, con Sones Negros e Alfredo Tejada. Pola tarde, volverá a festa para a rapazada na praza do Concello (ás 18.30 horas, incluíndo unha festa da escuma) e pola noite actuarán na Lonxa Vella Efecto Mariposa (22.30) e La Fuga (00.30). A verbena celebrarase na praza de Pontevedra (Bandourrío) coa Orquestra El Kubo ás 23h.

O sábado 3 de agosto comeza tamén con actividades infantís na praza de Pablo Neruda (ás 11.00 e con circuíto sensorial) e na praza do Concello (ás 11h). Ás 12.30 haberá contacontos infantís a cargo de Nuska no Malecón e ás 13.00 inaugurarase a exposición Pintura en vivo e en directo na Tenda Galería O Faiado. Ás 13.30 celebrarase un concerto no Malecón con Marcos Teira ás 18.00 oficiarase a Misa Solemne na Honra da Virxe do Carme, cantada pola Coral Polifónica do Círculo Mercantil na Lonxa Nova (ao rematar haberá procesión acompañada pola Banda de Música Eduardo Pondal de Ponteceso; coa colaboración das asociacións Alfaia e Amas de Casa de Ribeira). Ás 20.00 horas celebrarase o Trofeo de Fútbol Festas do Verán, na Fieteira (entre Cidade de Ribeira e o Pontevedra Club de Fútbol) e pola noite, ás 23h, haberá verbena no Malecón con Orquestra Los Players. Na praza de España, ás 23h, actuarán (no marco do Ribeira Urban Fest) DJ Popy, Borja Solla, Pawly, Enter e Marc Montalvo. Organiza Grupo Fercosti coa colaboración do Concello. Ás 00.00 horas haberá un Tributo a Extremoduro, na praza de Pontevedra, a cargo de Pedrá.

O domingo 4 de agosto tamén arrincará con inchábeis na praza do Concello, ás 11h. Ás 13.30 haberá unha gran sardiñada no parque das Abesadas, amenizada por Amores de Barra. Pola noite, na praza de España, volve o Ribeira Urban Fest, con Juanma López, Rokiño, Silvia G, Dumore e Diego Tercero. A verbena nocturna contará coa presenza da Orquestra Platinum (ás 23h no Malecón). A xornada rematará ás 0.00 no paseo do Touro co tradicional combate naval pirotécnico e cos fogos de artificio.

O luns 5 de agosto todas as atraccións de feira estarán a prezos populares.

O programa foi dado a coñecer polo alcalde de Ribeira, Luís Pérez, o segundo tenente de alcalde, Francisco Suarez-Puerta, o presidente da comisión de festas, Daniel González e o representante da empresa Grupo Fercosqui, Alberto Fernández.

Outros artigos

ButacaZero inicia en Muros a xira galega de “A velada de Londres”

A velada de Londres, a nova produción da plataforma creativa ButacaZero, inicia esta fin de semana a súa xira por auditorios e salas de Galicia. Muros, As Pontes, Vigo, Foz, Noia e Cee serán as escalas dunha montaxe que rende tributo á figura e legado do dramaturgo,...

+

A xornalista Nieves Concostrina estará este mércores no Liceo de Noia

Este mércores 30 de setembro, a xornalista e escritora Nieves Concostrina estará no Liceo de Noia para conservar sobre a súa obra, os seus libros e a súa traxectoria na radio. Estará acompañada polo alcalde, Francisco Pérez Caamaño, e por José M. Romarís. A conversa...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Abusos e indefensión” – José Manuel Pena

“Abusos e indefensión” – José Manuel Pena

Cando existe unha emerxencia habitacional, todas as Administracións Públicas teñen que poñerse as pilas para garantir o Dereito á Vivenda, recoñecido na Constitución española así como en moito Tratados e Organismos Internacionais. Algúns nos preguntamos, actualmente,...

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

Son eu, señor capitán deste navío mercante! Eu son unha muller de mundo, ando polo mundo senrumbo e sen sosego. Estou embarcada neste buque e quero saber para onde imos, cantos e cantassomos, como viviremos o que nos queda de mar e quen seremos ao regresar á terra, se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.