O presidente e editor de “La Voz de Galicia“, Santiago Rey Fernández-Latorre, faleceu hoxe aos 85 anos por mor dunha enfermidade que deteriorou rapidamente a súa saúde nos últimos días. O mestre de xornalistas e unha das persoas máis relevantes da sociedade galega e española estivo acompañado nos seus últimos momentos pola súa esposa, Salomé Fernández-San Julián Martínez, e polo seu equipo de colaboradores máis íntimos.
Os seus restos mortais serán velados no Museo Santiago Rey Fernández-Latorre desde as tres ata as oito desta tarde.
A nova coñeceuse esta mañá e é recollida pola prensa de todo o Estado e especialmente polo diario de cabeceira do grupo “La Voz de Galicia”, terceiro xornal de España. D.E.P.




