
Segundo o alertador, o implicado estaba nunha moto de auga cando esta se afundiu.
O 112 Galicia tivo constancia pouco antes das 17:30 horas. O particular que deu o aviso indicou que unha persoa quedara no mar sen poder desprazarse co seu transporte, unha moto de auga, logo de que se lle afundise no mar.
Os xestores do 112 Galicia informaron a Salvamento Marítimo, o Servizo de Gardacostas de Galicia, á Policía Nacional e á Local, ao GAEM de Ribeira, á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Ribeira e aos socorristas da praia de Coroso.
Mobilizouse o Salvamar Sargadelos de Salvamento Marítimo, ao igual que a embarcación do GAEM, aínda que a persoa finalmente foi rescatada por unha lancha cando xa conseguira achegarse ata unhas rochas.
Por último, solicitouse a intervención do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 para que prestase asistencia sanitaria preventiva ao home. Mentres, Salvamento Marítimo informou que a moto de auga fora recuperada.


