O Rock in Rian contará con catorce bandas galegas, dúas de Euskal Herria, unha de Valencia e outra de Madrid

06 Agosto 2024

Plural e aberto, o festival rianxeiro Rock in Rian amplifica este ano estas dúas características de seu, con bandas de diferentes recantos da xeografía española. O festival acolle este ano a 18 formacións, entre as que, ademais das galegas, hai grupos que chegan dende Euskal Herria, Comunidade Valenciana e Madrid. Outro tanto acontece en canto as estilos musicais. O Rock in Rian abre o abano de sonoridades máis que nunca con propostas que van do punk rock ao reggae, do neotradi ao soul, do pop festivo á comprometida canción de autor.

Na súa primeira xornada, o venres 6 de setembro, o Rock in Rian contará coa presenza no seu escenario de Kaotiko, toda unha lenda no punk rock peninsular. Tamén estarán a banda valenciana de reggae Auxili, os madrileños Alamedadosoulna, referencia da escena das músicas negras; Sés, coa súa proposta de mestizaxe sonoro e compromiso; e A Duendeneta, que se encargará de animar os cambios entre os grupos e de facer unha sesión tralo remate dos concertos. A xornada do venres tamén contará coas actuacións das bandas locais Río de Anxo, Fogo Fatuo, Vai de Roda e Buxaina.

O programa da xornada do sábado inclúe un dos pouquísimos concertos que van a ofrecer neste 2024 Lamatumbá. Ademais dunha das mellores bandas de ska da península, os navarros Skabidean; a revisión da nosa música tradicional en clave de electrónica e danza que propón Mondra; Dios Ke Te Crew, a banda seminal do rap e do hip hop galego; o rock enérxico, festivo e comprometido de Pauliña; o desenfreo sempre bailable e cheo de sentido do humor dos noieses Monoulious Dop; os non menos desenfreados e vitalistas Os Vacalouras; a brass band feminina máis admirada de Galicia, Brassica Rapa; a banda de rúa Louband e, de novo, A Duendeneta, nos cambios entre grupos e no fin de festa.

Os abonos para os dous días do Rock in Rian están á venda na web do festival e en Woutick a un prezo de 30 euros (+gastos de xestión). O prezo das entradas para un día é de 18 euros (+gastos de xestión).

O Rock in Rian conta cunha zona de acampada gratuíta para os asistentes ao festival.

Actividades paralelas

Aínda que os concertos comezarán pola tarde, o inicio do Rock in Rian será o venres o 6 de setembro, ás doce do mediodía no auditorio da vila, cun acto aberto ao público no que se presentarán as cancións e os traballos feitos nos últimos meses polos escolares de Rianxo xunto a Pauliña, Dios Ke Te Crew, Xurxo Souto e Sés.

Nese mesmo acto, ao que están convidados nenos, nenas e profesorado, artistas involucrados, autoridades e demais veciños e festivaleiros tamén se presentará o videoclip de cada canción e o after movie do evento.

Ademais da celebración dos concertos no recinto do festival o Rock in Rian programará durante esa fin de semana en Rianxo espectáculos de rúa, presentacións literarias, proxeccións audiovisuais e pasabares.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.