O PSOE de Noia, crítico coa xestión e co calidade do servizo da Piscina Municipal

28 Agosto 2024

O PSOE de Noia, a través do seu voceiro Fran Pérez, presentou un comunicado no que critica a xestión da Piscina Municipal, o estado no que se atopan as instalacións e a calidade do servizo, ademais da xestión económica do inmóbel, que, segundo indica a agrupación, “pasou dun superávit de preto de 80.000 € a unhas perdas de 75.000 € en só 8 anos”, o que representa “un desfase económico de 155.000 €”, sinala o grupo.
No comunicado explícase que “o servizo ofertado pola Piscina Municipal pasou en 8 anos de goberno do PP e de N.O.I.A. de funcionar axeitadamente a dar perdas por valor 75.000 €, o que é outro exemplo claro e palpábel da escasa capacidade de xestión deste executivo”.

Dentro das partidas de gasto, o PSOE critica “a elevada partida de externalizacións de persoal (98.000 €), con subcontratas de cuestionábel procedemento de contratación, máis aínda se cabe, con todos os problemas que se tiveron co persoal contratado, e coñecidos perfectamente polas usuarias e usuarios da piscina, e que levaron a traballadoras/es da piscina a presentar denuncias que finalmente foron gañadas por estes, co custo que iso supón para o Concello”.

A agrupación sostén que entre os problemas máis denunciados polos usuarios, e que levou en algunha ocasión a presentar firmas e escritos no Concello, encóntranse os seguintes: “As instalacións do ximnasio, de espazo moi reducido e con maquinaria moi deteriorada, unido á falta de monitores; a falta de baños, con só un baño no vestiario das mulleres; a ausencia de limpeza e hixiene; e o deterioro das instalacións en xeral”.

Polos ditos motivos a agrupación insta ao Concello a “tomar as medidas necesarios para restaurar a calidade do servizo e mellorar as instalacións, dotándoas do persoal preciso en lugar de facer externalizacións, co custe que isto implica e que non se pode adicar a outros investimentos”. E sinalan: “A piscina pode ser de calidade sen ser deficitaria, como xa quedou demostrado anteriormente e como sucede noutros concellos”.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pasada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...