O Concello de Boiro recibe unha subvención de 22.165 euros para financiar o servizo de socorrismo nas praias

02 Agosto 2024

O Concello de Boiro confirmou a recepción dunha subvención por importe de 22.165 euros para o co-financiamento do servizo de vixilancia, rescate e salvamento en espazos acuáticos naturais. A subvención foi achegada pola Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes da Xunta de Galicia.

Dende o Consistorio explican que Boiro conta con servizo de socorrismo durante a época estival nas praias de Barraña, Barraña-Saltiño, Carragueiros e Mañóns. Un equipo composto por un total de 15 persoas que prestan servizo de luns a domingo en horario de 14.30 a 21.00 horas.

Boiro conta con máis de 27 quilómetros de litoral cun abundante número de praias cun nivel de ocupación alto, o que “fai imprescindíbel contar cun servizo de vixilancia e salvamento, socorrismo”, engade o Concello, explicando que os areais nos que se presta servizo son accesíbeis polo que se require tamén atención aos usuarios con mobilidade reducida mediante uso de cadeiras anfibias, muletas e outros.

Entre as tarefas do servizo de socorrismo están a avaliación de riscos asociados a cada unha das praias; comprobación diaria do equipo de salvamento; avaliación das condicións climáticas da praias e o estado do mar para uso das correspondentes bandeiras; realización de intervencións, fundamentalmente de primeiros auxilios; control das zonas incompatibles co baño; busca de persoas extraviadas; e intervencións de rescate.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

Puedo continuar afirmándolo porque lo veo con toda claridad, después de haber estado siempre atento a lo que sucedía. Sí, aunque otros de quienes cabría esperar que estuvieran comprometidos en ello no hayan respondido adecuadamente, yo he estado siempre inmerso en lo...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.