Mar publicará a vindeira semana axudas por valor de máis de 1,5 millóns para mariscadoras a pé e para a rexeneración dos bancos

09 Agosto 2024

A Xunta de Galicia publicará a vindeira semana no Diario Oficial de Galicia (DOG) axudas destinadas ás mariscadoras a pé e á rexeneración dos bancos marisqueiros, dotadas con 1.550.000 euros. Así o abordaron coas Federacións de Confrarías de Pescadores o conselleiro do Mar, Alfonso Villares, e a directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Marta Villaverde, nunha reunión de traballo celebrada este venres 9 de agosto na propia Consellería do Mar.

Deste xeito, este luns, 12 de agosto, publicaranse as achegas destinadas a apoiar a actividade marisqueira como elemento tractor na economía do sector do mar. En total, 1.250.000 euros para as persoas mariscadoras a pé afectadas pola implantación da veda temporal derivada dos graves acaecementos ambientais do último trimestre de 2023; o que provocou unha ausencia de ingresos no tempo destes peches dos bancos. Desta orde de axudas, co-financiadas nun 70% polo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e Acuicultura (FEMPA) 2021-2017, poderanse beneficiar as persoas mariscadoras a pé das confrarías de pescadores de Cariño, Noia, Rianxo, Cabo de Cruz, Vilanova de Arousa, Carril, Lourizán, Raxó, Pontevedra, Redondela, Arcade, Vilaboa, así como a Asociación de mariscadoras Fonte de Santa Helena de Baldaio.

Segundo explicou o conselleiro, as destinadas á rexeneración dos bancos marisqueiros publicaranse o martes, 13 de agosto, e dispoñen dun orzamento de 300.000 euros. Teñen por obxectivo mellorar a produtividade, a xestión e a conservacións dos recursos mariños.

Folla de ruta dos próximos meses

O encontro deste 9 de agosto enmarcouse na rolda de encontros que o responsábel autonómico e os distintos directores xerais están a levar a cabo co sector de xeito permanente e periódico, co fin de “dar unha resposta eficaz e útil ás súas necesidades”. Tamén serviu para repasar as accións a levar a cabo no último trimestre do ano.

Outros artigos

Boiro sumou forzas contra o cancro cunha cadea humana no centro da vila

A Asociación Española conta o Cancro de Boiro conmemorou na tarde deste sábado 17 de outubro o Dia Mundial da Loita contra o Cancro de Mama, que se celebra o 19 de outubro, cunha gran cadea humana e a realización dun lazo na rúa peonil de Boiro. Durante estes días o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.