Inventi Teatro leva este martes a Boiro o seu teatro cómico “As palabras perdidas”

12 Agosto 2024

A agrupación Inventi Teatro estará este martes 13 de agosto en Boiro para ofrecer, na Casa da Cultura (localización finalmente elixida por mor da previsión de chuvia, o espectáculo para todos os públicos As palabras perdidas. Trátase dunha peza de teatro cómico

Inventi Teatro, formado por Bea Campos e Marcos Alonso e en activo dende 2017, cóntanos en As palabras perdidas a historia da condesa Colorada e o seu axudante Leocadiof, viaxeiros chegados dende moi lonxe. A condesa, unha coñecida contadora con fama internacional, disponse a narrar o seu relato preferido pero, ao abrir o libro, cae na conta de que o seu conto está cheo de buracos. Faltan palabras moi importantes como “ganapán”, “vagalume” ou “verme”. Fuxiron da historia por falta de uso e só utilizándoas de novo volverán ao conto. 

As palabras perdidas é unha proposta que anima a falar galego dun xeito divertido, dinámico e moderno e que pon en valor o idioma, os ditos e as historias de Galicia. 

Outros artigos

Unha fronte fría deixará chuvias e un descenso térmico este domingo

A nubosidade irá en aumento dende a mañá pola fachada atlántica, con precipitacións máis probables na Coruña, as Rías Baixas e a Mariña As temperaturas máximas experimentarán unha baixada moderada, mentres que as mínimas tenderán a subir A chegada dunha fronte fría...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.