O Concello de Outes iniciou a semana pasada as obras de pavimentación no interior do núcleo de Banzas, co obxectivo de mellorar o firme e deste xeito incrementar a seguridade e garantir unha óptima mobilidade. Esta actuación incluirá un novo formigonado interior no lugar, o arranxo do firme de asfalto así coma a canalización de saneamento e pluviais ás vivendas afectadas do núcleo de Banzas. A licitación da obra ascende aos 55.027,69€, segundo confirmou o Concello.




