Informe ambiental favorábel ao proxecto para converter o corredor Brión-Noia en autovía

02 Agosto 2024

O Diario Oficial de Galicia recolle este 2 de agosto o anuncio polo que a Xunta fai público o informe de impacto ambiental favorábel do proxecto de conversión do corredor Brión-Noia en autovía.

Así, unha vez analizado o proxecto construtivo o treito comprendido entre os puntos quilométricos 11+640 e 21+300 e “considerando as alegacións presentadas e os informes emitidos polos órganos sectoriais”, a Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade emite informe de impacto ambiental favorábel “dado que non son previsíbeis efectos adversos significativos sobre o medio ambiente”.

Con esta resolución, a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático pon fin á tramitación ambiental do proxecto construtivo, unha decisión que tamén lle foi trasladada á Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), como organismo promotor, para que poida continuar cos trámites necesarios para a súa execución.

O trazado que se proxecta terá unha lonxitude de 9,66 quilómetros, iniciándose no final da autovía AG-56, Santiago-Brión, e finalizando no tramo Martelo-Noia. Esta primeira fase de conversión en autovía supón o 60% da lonxitude de 18,2 km da vía de altas prestacións Brión-Noia, aproximadamente.

A estrada proxectada no desdobramento será para cada calzada de dous carrís de 3,5 metros, beiravías de 2,5 metros exterior e 1 metro interior, e disporá de mediana de 3 metros entre bordos de beiravía das plataformas contiguas, dándolle continuidade ás características da autovía no tramo Santiago-Brión.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.