En Ribeira presentación da XIV edición do Festival “Salsa na Rúa”

20 Agosto 2024

Neste verán ateigado de festas e eventos non podería faltar á cita o xa clásico festival “Salsa na Rúa” que este ano cumpre a súa décimo cuarta edición. Á presentación asistiron, o segundo tenente de alcalde, Francisco Suárez-Puerta, a concelleira de Cultura, Antía Alberte, o director do festival, Orlando, monitores e Martín e Nora, rapazada da Escola de Baile “El Tomasón” e a asociación Haveira.
Nesta edición acompañarannos artistas chegados do outro lado do atlántico e tamén formacións e escolas galegas que promoven estes ritmos destacando ademais dj ́s como Jonhy Salsa Nic e Gerardo.
“Salsa na Rúa” desenvolverase ao longo da xornada do sábado pero xa o venres comezarán ás 18:00 h cunha exhibición de baile moderno e latino en Alcalá Galiano, con Laura Botana, Sergio García, Johny e Ceci ou Orlando pero tamén shows no García Bayón a partir das 17:15 h.
Orlando informou da complexidade do evento, “o evento se proxecta en toda Ribeira, García Bayón, Alcalá Galiano, Malecón; mover un espectáculo con 53 invitados foráneos e 63 alumnos da academia; iso implica un tempo de organización e un traballo laborioso” tamén quixo agradecer ao Concello de Ribeira pola implicación e tamén aos establecementos colaboradores que son máis de 53.
“Quero agradecer á toda a asociación Haveira e a escola de baile “Tomasón” pola proposta, e que continúe con estas actividades porque penso que axuda a potenciar e mostrar a multiculturalidade e a diversidade que aporta Ribeira, apoiamos a cultura galega pero somos conscientes de que vivimos nun concello dinámico e diverso e que lle temos que dar cabida a outras culturas que contribúan ao enriquecemento do tecido cultural da cidade” sinalou a concelleira de Cultura.
Suárez-Puerta amosou tamén a súa gratitude á asociación e a escola e afirmou “que é un estilo musical que cada vez pega máis que está moi introducido en Ribeira e ten bailaríns cun nivei altísimo” e rematou “ nos somos os que lle temos que dar as grazas porque van a sacar o seu arte á rúa e vai a permitir que tódolos
veciños gocen del; invitamos a todo o mundo que veña e baile nesta nova edición”.

Xa o sábado dende a mañá, ás 10:00 h, tamén na rúa Alcalá Galiano contaremos con obradoiros e exhibicións con Aykan, Diogo e Patricia ou Nuno Carvalho; será no Paseo do Malecón onde teremos pola noite un escenario para acoller a gran gala de clausura a partir das dez para rematar de novo en Alcalá Galiano son Social SBK dende as 23:30 h aproximadamente.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...