En Ribeira festival de peche dos Campamentos de Conciliación do Verán “Días sen Cole”

30 Agosto 2024

Hoxe ao mediodía tivo lugar no Auditorio vello un festival infantil como peche do campamento de conciliación “Días sen Cole” organizado polo concello de Ribeira.
A concelleira de Servizos Municipais, Tania Redondo xunto cos técnicos/as do concello de servizos sociais e a empresa Golfiño non disimulaban satisfacción e alegría cos nenos e nenas despois dun verán sen cole moi conciliador e exitoso.
Redondo salientou que “estamos moi satisfeitos non só pola acollida senón tamén polo traballo realizado”, tamén falou das actividades deste campamento “tiveron actividades relacionadas co medio ambiente, co mar, reciclaxe e xogos tradicionais para preservar a nosa cultura”. A acollida de este ano sumou un total de 180 nenos/as das 150 prazas habilitadas que tiveron que ampliarse pola gran demanda dos pais, e tamén como
novidade este ano acondicionouse o servizo de comedor e madrugadores.
“A medida que vaia pasando o tempo ampliaremos máis servizos, xa non só en época estival senón tamén no inverno para que tódalas familias podan conciliar durante as súas vacacións” finalizou.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...