Detido un menor de 17 anos e unha muller de 18 acusados de acoitelar a un mozo nas festas de Palmeira

11 Agosto 2024

Unha liorta con varios mozos implicados derivou a madrugada deste domingo nun acoitelamento a un menor de 17 anos durante as festas de Palmeira. A policía Local de Ribeira trasladou de urxencia á vítima ata o Hospital da Barbanza nun dos seus coches patrulla sen agardar a chegada da ambulancia para que recibira asistencia

O rapaz sufriu cortes no abdome e nunha perna causados por unha arma branca. Varias testemuñas do suceso avisaron aos servizos de emerxencias e ata o lugar desprazáronse axentes da Policía Nacional e da Local de Ribeira. Sucederon os feitos pouco antes das tres e media da madrugada.

Ata o lugar mobilizáronse ademas das patrullas policiais, unha ambulancia de Soporte Vital Básico cun equipo médico.

Axentes da policía Local de Ribeira decidiron trasladar ao ferido nun dos seus turismos patrulla directamente ao hospital da Barbanza, xa que a ambulancia solicitada tiña que chegar de Boiro.

As feridas do mozo, conforme distintas fontes consultadas, non parecen revestri unha especial gravidade.

Nunha operación policial conxunta, tras a denuncia dos feitos, os axentes lograron a detención dos supostos autores. Son un menor de 17 anos e unha muller de 18, trasladados aos calabozos da comisaría.

O  suceso causou unha gran conmoción e preocupacón en Palmeira, Ribeira e nas proximidades xa que se estaban a celebrar as festas de verán da localidade con gran afluencia de mozos na zona da Casa do Mar.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

Pepa Millán, a portavoz de Vox no  Congreso dos Deputados, xoga a, como mínimo, dúas bandas: ou se engana ou nos engana ao enxuiciar o que acontece estes días en Ceuta onde, desde os días 30 e 31 de xullo pasado vén falando da necesidade de expulsar da cidade autónoma...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.