Comeza a conta atrás para o inicio da feira ribeirense de oportunidades Viamare Stock

07 Agosto 2024

Comezou a conta atrás para o inicio dun dos grandes acontecementos comerciais e económicos do Barbanza este verán: a feira ribeirense de oportunidades Viamare Stock, organizada unha vez máis pola Asociación de Empresarios de Ribeira co obxectivo de “reivindicar o comercio local de proximidade”. Novamente o máis relevante desta feira serán os grandes descontos dos comercios que participan, un total de 23.

A XIX edición de Viamare Stock desenvolverase unha vez máis nunha carpa habilitada na explanada do porto de Ribeira (o malecón) e contará coa presenza de 23 establecementos locais achegando as súas mellores ofertas e promocións, cada un deles co seu espazo individual personalizado (jaimas). Celebrarase dende o venres 9 até o domingo 11 de agosto en horario ininterrompido de 11 a 22 horas (venres e domingo) e de 10 a 22 horas (sábado). Contará unha vez máis co apoio do Concello de Ribeira.

Na presentación de Viamare Stock, celebrada o pasado 30 de xullo no local dos empresarios, participaron Francisco Martínez Gude, o alcalde Luís Pérez Barral e o concelleiro de Cultura Francisco Suárez-Puerta. O presidente da patronal ribeirense explicou que a feira mantén nesta nova edición os seus sinais de identidade as súas fórmulas de éxito probado (por exemplo a disposición dos stands dos establecementos) e agradeceu o apoio do Concello, que, segundo explicou, “é vital para as actividades que organizamos e que repercuten en todos os sectores e en todos os ámbitos locais”. O rexedor sinalou que Viamare Stock é “unha gran ocasión para dinamizar o comercio, atraer visitantes, achegar descontos e impulsar a economía local”. Engadiu que a Asociación de Empresarios “pode e poderá seguir contando con nós, xa que o comercio de proximidade é o que máis vida nos dá no concello”.

A convocatoria XIX de Viamare Stock será inaugurada oficialmente ás 13.00 horas do primeiro día de actividades.

Contará coa presenza dos seguintes comercios:

Complementos: Gena´s e Xade.

Deportes: Deportes Estévez, Champion Sport, Náutica A Poutada de Podium Sport.

Zapataría: Chinela e Chaira.

Zapataría infantil: Joscar.

Óptica: Federópticos Filgueira e Martínez.

Moda: El Tocador de Mujer 21, Rule´s, Ribalá Multimarca, La Urbana Store, Lolita Moda e Mmagoe.

Moda infantil: Lunares en Mayo, Rovi, El Palacio del Bebé, Lolita Kids, Lápices de Colores e Trastiños.

Lencería: Vensuca.

Outros artigos

A xornalista Nieves Concostrina estará este mércores no Liceo de Noia

Este mércores 30 de setembro, a xornalista e escritora Nieves Concostrina estará no Liceo de Noia para conservar sobre a súa obra, os seus libros e a súa traxectoria na radio. Estará acompañada polo alcalde, Francisco Pérez Caamaño, e por José M. Romarís. A conversa...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Abusos e indefensión” – José Manuel Pena

“Abusos e indefensión” – José Manuel Pena

Cando existe unha emerxencia habitacional, todas as Administracións Públicas teñen que poñerse as pilas para garantir o Dereito á Vivenda, recoñecido na Constitución española así como en moito Tratados e Organismos Internacionais. Algúns nos preguntamos, actualmente,...

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

Son eu, señor capitán deste navío mercante! Eu son unha muller de mundo, ando polo mundo senrumbo e sen sosego. Estou embarcada neste buque e quero saber para onde imos, cantos e cantassomos, como viviremos o que nos queda de mar e quen seremos ao regresar á terra, se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.