Cinco persoas trasladadas despois de colidir por alcance un camión e dous vehículos en Padrón

12 Agosto 2024

As cinco persoas que resultaron feridas foron evacuadas en dúas ambulancias do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

Unha persoa particular daba conta deste accidente ao 112 Galicia sobre as seis e media desta tarde. Indicaba que se trataba dun choque por alcance na N-550, quilómetro 76, en Cruces, no concello de Padrón. Un camión que transportaba trigo batera contra un turismo e este contra un terceiro. É dicir, tres vehículos implicados, un camión e dous turismos.

Aínda que nun primeiro momento parecía non haber persoas feridas, unha vez no punto, os membros do GES de Padrón solicitaron asistencia sanitaria para dous adultos e un menor, que referían molestias.

Así, os xestores do 112 pasaron aviso a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, ademais, foron informados os axentes de Tráfico, da Policía Local, os Bombeiros de Boiro, os membros do GES de Padrón e os efectivos do Servizo Municipal de Protección Civil da localidade.

Finalmente, tras rematar coas tarefas de limpeza da vía, o persoal do GES informou ao 112 Galicia de que, en total, ían a ser trasladadas cinco persoas en dúas ambulancias.

GES Padrón

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

Despunta el otoño sobre la ría de Arousa con una claridad de plata vieja y salitre, mudando los pinares de la isla de A Toxa en un mirador de sosiego donde la Galicia más atlántica y liberal renueva su vocación de encuentro. En este umbral de octubre, cuando la brisa...

“Radio” – Xulio Xiz

“Radio” – Xulio Xiz

Ter vivido dezasete anos en Radio Popular e dous na Radio Galega, convertéronme en home de radio por riba doutros medios que, se todos imprimen carácter, a radio ten tal personalidade, atractivo, engado, que quen a veza nunca a pode deixa, Nos meus tempos de TVL...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.