Calcinadas tres hectáreas nun incendio forestal en A Pobra do Caramiñal

09 Agosto 2024

A Consellería do Medio Rural deu por estabilizado un incendio forestal no municipio da Pobra do Caramiñal tras calcinar, segundo as primeiras estimacións, entre 2,5 e tres hectáreas.

O incendio comezou ás 18.09 horas deste xoves na parroquia de Santa María a Antiga e foi estabilizado ás 19.53 horas. A columna de fume é visible desde varios puntos da comarca.

Tres helicópteros e tres hidroavións participan na extinción dun incendio forestal rexistrado este xoves na Pobra, o primeiro que se produce este verán na comarca do Barbanza. O lume iniciouse ás seis da tarde na zona de Rosende, na Pobra, e segundo as primeiras estimacións da Consellería do Medio Rural afecta a máis de media hectárea de monte arborizado. Nas tarefas de extinción participan 9 brigadas, 4 axentes forestais e 3 técnicos. Ademais dos medios aéreos hai cinco motobombas traballando na zona.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.