Boiro mergúllase esta “finde” no pasado celta galego coa celebración do Mercado Castrexo

05 Agosto 2024

A rúa peonil de Boiro acolle esta fin de semana unha nova edición do Mercado Castrexo. Será os días 9, 10 e 11 de agosto con animación de rúa, postos de artesanía e alimentación, xogos e outras actividades. O alcalde, José Ramón Romero, e a concelleira de Cultura e Turismo, María Outeiral, presentaron este luns pola mañá o programa de actividades.

Segundo indicaron, a finalidade deste Mercado é “difundir a cultura galaico-castrexa” e “achegar o patrimonio cultural aos veciños e veciñas de Boiro con actividades para familias”.

O rexedor sinalou que “o verán é unha época na que Boiro recibe moitos visitantes e dende o Concello apostamos por levar a cabo propostas para a dinamización das nosas rúas, do noso comercio e da nosa hostalaría”.

O Mercado Castrexo, que estará instalado ao longo da rúa peonil de Boiro, estará aberto dende o venres ás 18.00 horas e ata o domingo ás 24.00 horas cos postos instalados de artesanía e alimentación e actividades diversas durante a xornada como ruadas, obradoiros, xogos tradicionais… “O Mercado Castrexo vai a máis cada ano e asentase xa como un referente turístico no noso municipio polos centos de persoas que se achegan durante estes días a Boiro”, afirmou a concelleira de Cultura e Turismo.

Durante a celebración do mercado haberá animación de rúa con musica celta, ruada musical e contadas, espectáculos de fogo, desfiles e espectáculos de malabares. Este ano búscase tamén involucrar ao comercio e á hostalaría coa caracterización durante a fin de semana.

Programa

Venres 9 de agosto

18.00h – apertura do mercado e zonas de animación

18.15h – ruada musical Antón o Fauno

20.30h – ruada musical Antón o Fauno

22.00h – ruada musical Antón o Fauno

24.00h – peche do mercado

Sábado 10 de agosto

11.00h – apertura do mercado e zonas de animación

*apertura da eira dos nenos (11.00 a 15.00 horas e 18.00 a 22.30 horas)

*apertura e inauguración do Campamento Castrexo

11.30h – ruada de musica celta co Dúo Didyma

11.45h – ruada musical Antón o Fauno

12.15h – ruada de zancudos e música Nímeton Performance

13.00h – desfile das Hordas Castrexas polo mercado

13.30h – ruada de musica celta co Dúo Didyma

14.00h – ruada musical Antón o Fauno

14.30h – ruada de zancudos e música Nímeton Performance

15.00h – peche do mercado

18.00h – apertura do mercado e zonas de animación

18.30h – ruada de zancudos e música Nímeton Performance

19.00h – ruada musical Antón o Fauno

19.30h – ruada de musica celta co Dúo Didyma

20.00h – desfile das Hordas Castrexas polo mercado

20.30h – ruada musical Antón o Fauno

21.00h – ruada de zancudos e música Nímeton Performance

21.30h – ruada de musica celta co Dúo Didyma

22.00h – ruada musical Antón o Fauno

22.30h – ruada de musica celta co Dúo Didyma

23.00h – espectáculo de fogo e música Nímeton Performance

24.00h – peche do mercado

Domingo 11 de agosto

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

Hay amores que mueven montañas y otros que, a juzgar por lo visto en Fuenlabrada, aspiran a mover algo más delicado: la opinión pública. Pedro Sánchez y Begoña Gómez se besan, bailan y se dedican un “Que lo escuchen, te quiero” ante los asistentes a un mitin del PSOE....

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.