Amicos impulsa un proxecto de recuperación ambiental que pon o foco nos nosos tesouros fluviais: Amiríos

14 Agosto 2024

A asociación da nosa comarca Amicos promove unha nova iniciativa co obxectivo de sensibilizar á sociedade sobre a importancia de protexer e conservar os ecosistemas mariños de auga doce. Baixo o nome Amiríos, a entidade está a realizar distintos obradoiros de concienciación cos rapaces e rapazas que participan en distintos campamentos de verán da Xunta de Galicia, como a sesión realizada este mércores, 14 de agosto, no Campamento Xuvenil de Espiñeira, en Boiro.

Ata alí achegáronse sete mozos e mozas da entidade, que foron os encargados de conducir un obradoiro da auga. A través desta actividade participativa, a cativada achegouse a conceptos como o ciclo da auga, o efecto do cambio climático na mesma, ou os procesos de depuración e potabilización. Todo mediante xogos e charlas conducidas polos axentes medioambientais da entidade, en colaboración con Arenaria.

Á dita sesión sumaránselle máis accións en campamentos de verán e centros educativos, que consistirán en talleres da auga e da biodiversidade dos ríos, así como saídas de campo, nos que se realizarán análises das súas augas e dos seres vivos que os habitan.

Amicos informou que a través destas dinámicas lúdicas búscase que a rapazada tome conciencia do estado dos mesmos, así como das causas que provocan a degradación destes ecosistemas. Asemade, realizaranse accións dirixidas á poboación adulta, como a instalación de puntos de información en espazos públicos de distintos puntos da zona hidrográfica
Galicia Costa, á que pertencen Santiago de Compostela e o Barbanza. Alí, os axentes ambientais de Amicos serán os encargados de informar e sensibilizar ás persoas que se aproximen.

Tódalas actuacións realizadas no marco de Amiríos teñen como finalidade
“a divulgación, a concienciación e a sensibilización co obxectivo de promover entre a sociedade comportamentos que contribúan a potenciar o valor ambiental dos ríos e a concienciar sobre a importancia da protección e conservación dos ecosistemas fluviais”.

Amais, levaranse a cabo distintas xornadas de voluntariado nos ríos Soñora, Artes, Brea, Ulla
e Sar, así como na lagoa de Carregal. Os e as voluntarias participarán de forma directa na conservación e rehabilitación ambiental destes mediante a restauración de vexetación autóctona e a erradicación de especies invasoras. Accións conducidas polas Ecobrigadas.

Proxecto Amiríos

Amiríos nace co obxectivo de promover a participación activa de toda a sociedade na conservación e mellora dos ríos, partindo dos ecosistemas mariños de auga doce da zona hidrogáfica Galicia Costa. Con este obxectivo, ao seu abeiro levaranse a cabo actividades de divulgación, sensibilización e concienciación dirixidas a cativos e adultos, así como accións de conservación e mellora de distintas masas de auga. Ditas actividades apóianse na educación ambiental, o voluntariado ambiental, a participación cidadá e a inclusión. Todas elas conducidas por persoas con discapacidade intelectual vinculadas á Asociación Amicos, impulsor deste proxecto, financiado por Augas de Galicia.

Axentes medioambientais
As persoas con discapacidade intelectual son suxeitos principais nos proxectos desenvolvidos por Amicos. Como motor da transformación social e ambiental, son os encargados de conducir as distintas actividades de sensibilización e protección ambiental.

Para desempeñar esta labor de axentes medioambientais, os mozos e mozas reciben formación especializada sobre cada tema para, posteriormente, conducir as distintas actividades. Así, no marco do proxecto Amiríos, as amicas/os asisten a cinco obradoiros formativos impartidos por Arenaria.

Outros artigos

Pepita Vidal Pérez: a costureira que descubriu a poesía aos 62 anos

Luís Pérez Crujeiras (texto). Ribeira, 22 de xaneiro de 1948. A vida de Pepita Vidal Pérez é unha historia de esforzo, oficio e talento inesperado. Nacida nunha familia humilde, traballou desde nena na tenda familiar mentres a súa nai estaba na praza do mercado,...

+

Boiro sumou forzas contra o cancro cunha cadea humana no centro da vila

A Asociación Española conta o Cancro de Boiro conmemorou na tarde deste sábado 17 de outubro o Dia Mundial da Loita contra o Cancro de Mama, que se celebra o 19 de outubro, cunha gran cadea humana e a realización dun lazo na rúa peonil de Boiro. Durante estes días o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La protesta de los estudiantes franceses”. José Castro López

“La protesta de los estudiantes franceses”. José Castro López

Francia convive cada cierto tiempo con pequeñas revoluciones o estallidos sociales que,aunque comparten escenarios, responden a causas diferentes. Recuerden la revoluciónde Mayo 68 de la que Daniel Cohn-Bendit, uno de sus líderes, dice que entonces losjóvenes eran...

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.