Alfonso Rueda e Pedro Blanco participaron en Padrón no inicio da XI etapa de La Vuelta

28 Agosto 2024

Tanto Alfonso Rueda, presidente da Xunta, como Pedro Blanco, delegado do Goberno en Galicia, estiveron este mércores en Padrón co gallo do inicio da XI etapa de La Vuelta Ciclista a España, etapa que pasa por varios concellos da nosa comarca.

O titular do Goberno autonómico destacou a contribución da 79 edición de La Vuelta Ciclista a España -da que se disputan catro etapas en Galicia- como “un escaparate turístico da comunidade”. Rueda salientou que se trata dun espectáculo deportivo seguido por persoas de máis de 180 países que poderán observar os atractivos e a oferta turística de Galicia. O presidente galego fixo fincapé en que a celebración de eventos deste tipo na nosa comunidade promoven a internacionalización do turismo e permitirá seguir aumentando o número de viaxeiros que elixen Galicia como destino.

Pola súa banda, o delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, salientou a colaboración dos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado para dar cobertura e seguridade á 79ª edición da Volta Ciclista a España ao seu paso por Galicia. Fíxoo na localidade de Padrón, punto de saída e de meta da etapa número 11 desta importante xira deportiva, onde estivo acompañado pola subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas. Alí agradeceu o traballo dos axentes de Garda Civil e de Policía Nacional coa organización desta proba e lembrou á cidadanía a importancia de seguir as indicacións para que a a Volta discorra con normalidade.

Antes do comezo da etapa, o delegado saudou aos 134 integrantes da Unidade de Mobilidade e Seguridade Viaria (UMSV) da Garda Civil, un equipo creado /ex profeso/ para esta competición. Este grupo emprega 92 vehículos cos que acompaña o evento deportivo durante todo o seu percorrido, coa misión de proporcionar seguridade viaria e mobilidade ao desenvolvemento da proba, así como garantir a orde pública. Este grupo compleméntase con efectivos das distintas Comandancias da Garda Civil e das Comisarías de Policía Nacional das localidades por onde discorre a competición.

En Padrón, o delegado participou tamén na homenaxe organizada pola Garda Civil ao axente Luis Fernando Villar Santos, falecido en 2023.

Media ducia de concellos da nosa comarca

A edición deste ano de La Vuelta Ciclista a España (79ª edición) pasou este mércores por varios concellos da nosa comarca: Padrón, Dodro, Rianxo, Boiro, Noia, Lousame e Rois.

Foi unha etapa de 166,5km, con inicio e final no Campus Tecnolóxico Cortizo (Padrón).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.