A Xunta iniciou as obras de mellora da estrada AC-303 ao seu paso polo concello de Ribeira

03 Agosto 2024

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas vén de iniciar as obras de mellora do firme en varios treitos da estrada AC-303, ao seu paso polo concello de Ribeira. Esta actuación, que comezou esta semana, ten como obxectivo acondicionar a capa de rodaxe desta vía autonómica entre os puntos quilométricos 3+500 e 5+700. Os traballos completaranse co pintado da sinalización horizontal e coa reposición dos treitos de barreira de seguridade que sexan precisos.

A Consellería explicou que “para minimizar a incidencia na circulación, durante estas obras estableceuse un corte de carril no punto no que se estaba a traballar, e deuse tráfico alternativo polo outro carril”.

Esta intervención forma parte do contrato de acondicionamento do firme en 7 estradas de titularidade autonómica ao seu paso por 10 concellos da provincia da Coruña, cun investimento de máis de 3,6 M€.

Baixo este contrato, que conta cun prazo de execución de 6 meses, o obxectivo é rehabilitar o firme en varios treitos das vías de titularidade da Xunta AC-300, AC-303, AC-406, AC-432, AC-546, AC-550 e AC-552, que discorren polos concellos da Baña, Brión, Negreira, Vimianzo, Padrón, Ribeira, Rois, Santa Comba, Val do Dubra e Outes.

A este respecto, nos vindeiros días prevese o inicio das obras de acondicionamento do firme na AC-550, entre os seus quilómetros 60+200 e 68+000, xa no concello de Outes.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.