A Moreniña (Rianxo) achega un mes de setembro cargado de música, arte urbana, xogos e obradoiros na rúa

08 Agosto 2024

A Asociación A Moreniña presentou a súa axenda cultural para o mes de setembro en Rianxo, a axenda A Moreniña, arte, cultura e tradición 2024, patrocinada pola Área de Cultura da Deputación da Coruña e coa colaboración do Concello de Rianxo. O programa cultural desenvolverase do 10 ao 20 de setembro e consta de tres bloques temáticos: a Mostra de Bandas de Músicas Populares, o certame de arte nas rúas Artella!, e o programa de música en director Rianxo ao Vivo! Temos toda a información na web da asociación A Moreniña, en Instagram (@amoreninarianxo) e tamén na web das Festas da Guadalupe, nas que se encadran estas actividades.

Mostra de Bandas de Música Populares

Desta volta, as bandas de Vilatuxe, Arca, Arcade e Padrón, esta última por xentileza do Concello de Padrón, serán as encargadas de ofrecer concertos na Mostra de Banda de Música Populares de Rianxo. Os concertos terán lugar en diferentes lugares da vila, que serán publicados axiña nas redes.

Artella! Arte nas rúas

As rúas de Rianxo encheranse de arte, obradoiros e actividades para toda a familia e a mocidade co programa Artella! organizado pola Moreniña. Celebrarase do 14 ao 20 de setembro.

O sábado, desenvolverase unha escape room ambientada nas viaxes de Verne e estará dispoñíbel durante toda a xornada na praza da Manuela, con aventuras ás 11, 13, 16, 18 e 20 h para equipos de ata 6 xogadoras.

O luns, na contorna dos xogos das Juadalupeñas, as competicións máis tolas volverán a tomar as rúas, da man da Asociación festival Rock in Rian.

O martes pola mañá, o Debuxo na Rúa volverá facer un concurso de debuxo, na rúa de abaixo. Pola tarde, a habitual xornada de Cultura Urbana iniciará cunha exhibición de Kung Fu da man do rianxeiro Erik Martín, do Club Hong Kun Rianxo, e unha demostración da Danza do León.

Continuará a Cultura Urbana con obradoiros de Breakdance e Beatbox, e demostració posterior. Coma sempre, da man da Asociación A Vella Escola.

Pechará a xornada do martes CeibaRimas, con obradoiros freeStyle en galego e actuacións de 9 artistas de rap: Big Meu, O Jallejo, Xeva, Lidia L Chao, Aprendiz, O Portughés, Flow del Norte, Mog e Rei Murtino,

O mércores pola mañá estarán de volta os xogos tradicionais de Xogando Miudiño, desta vez cunha nova proposta de Espazo de Xogo: Os nosos Mares, ambientada en xogos relacionados co mar.

Pola tarde, volve a Feira do Circo, con casetas de xogos de feira, actuacións e espectáculos. Nesta ocasión instalarase no parque da Martela.

O xoves recuperaranse de novo oficios tradicionais e obradoiros participativos no Feirón Mariñeiro.

E o venres chega a agardada Festa Infantil. desta volta, teremos unha Ximcana Xigante de 100 metros de lonxitude, inchables para os máis peques, un Unicornio mecánico e, por suposto, a Festa da Escuma.

Rianxo ao vivo! Programa de música en directo

A música en directo é protagonista da programación cultural do programa A Moreniña, arte cultura e tradición, patrocinado pola Deputación da Coruña e en colaboración co Concello de Rianxo.

Haberá concertos para todos os gustos e públicos para animar as xornadas do 13 ao 20 de setembro.

O venres, na festa dos 80, o grupo de versións Virtual Project Cover band; o sábado, a terceira edición da Verbena Sinfónica da Escola de Música de Rianxo, organizada e patrocinada polo Concello de Rianxo; a Noite Folc do venres contará con Os Campantes da Baña, as Rianxeiras da Covecha e Galega de Bailables; a Verbena Infantil estará amenizada de novo por Pakolas, e ao longo das xornadas irán desfilando charangas e grupos de música tradicional: Louband, Fanfarria Furruxa, Charanga Santa Compaña, Fogo Fatuo, Banda de Gaitas Buxaina, Vai de Roda, Trécola, Os festas, Nunca é Tarde, Ce Orquestra Pantasma e volve o Cántañe a Rianxo da man de Río de Anxo, patrocinado por Conforgal , sen esquecer o concerto de rap posterior ao CeibaRimas.

Outros artigos

En Aguiño centos de personas fixeron a andaina solidaria contra o cancro

Centos de persoas marcharon en Aguiño en beneficio da AECC e renden homenaxe a Josefa Abraldes. AECC Un total de 600 persoas uníronse á segunda edición da andaina solidaria “Aguiño contra ou Cancro”, organizada pola xunta local de Ribeira da Asociación Española Contra...

+

Pesar polo pasamento do xornalista Xavier Navaza Blanco

“Un calificado e sagaz xornalista, finísimo e agudo articulista político, requintado investigador e posuidor dunha sólida base cultural” son os calificativos que a Asociación da Prensa de Santiago (APSC/FAPE), da que foi Presidente nos anos 1980-83, destacou tralo...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Nos deben una explicación”. José Castro López

“Nos deben una explicación”. José Castro López

En el film de Berlanga “Bienvenido Míster Marshall”, Don Pablo, el alcalde de Villardel Rio -magistral Pepe Isbert-, después del paso de la “caravana de la abundancia” sinparar en el pueblo, se dirigió a sus vecinos para decirles “que yo, como alcalde vuestroque soy...

“Residencias universitarias” – José Manuel Pena

“Residencias universitarias” – José Manuel Pena

Comeza un novo curso escolar, nos diferentes campus universitarios. En Galicia, este ano, as matrículas universitarias serán gratuítas. Tamén xa o eran para os estudantes que obtiñan unha bolsa de estudos, principalmente procedentes de familias humildes, de acordo cos...