O Grupo A Misela estará este venres 16 de agosto en Porto do Son para ofrecer un concerto centrado na música de inspiración “transatlántica”. Será na praza de España da vila sonense a partir das 21.30 horas. Organiza a Área de Cultura do Concello.
A Misela é unha agrupación noiesa de música coral que centra a súa actividade nos sons iberoamericanos, poñendo o foco na música popular tanto da Península Ibérica como de América Latina.