A Marea de Noia pide que se aclare que pasou coa subvención dos fondos europeos para o centro de día

28 Agosto 2024

A Marea insta ao alcalde de Noia a que aclare o paradeiro dos fondos europeos destinados á creación dun centro de día en Noia.

En abril do ano 2022, a Xunta de Galicia abriu unha convocatoria de axudas vinculadas a fondos europeos. A raíz dun acordo plenario promovido polo grupo municipal da Marea de Noia, o goberno local dirixido por Santiago Freire veuse forzado a solicitala.

Un ano despois, este mesmo goberno local anunciaba que nos vindeiros meses se crearía o Centro de Día de Noia, anuncio que se acompañou cun vídeo promocional pouco antes das eleccións locais.

Porén, na proposta orzamentaria para o ano 2024 non se prevé ningunha partida para este investimento tan importante para Noia, o que indica que ben esta subvención se perdeu, ou que foi rexeitada polo propio consistorio noiés.

Calquera das dúas opcións é, segundo as Mareas un fracaso na xestión, sexa motivado ben pola incompetencia do goberno ou ben pola súa desgana, o que volve deixar a Noia, din, sen un servizo indispensable e cada vez máis demandado.

Dous anos despois, o voceiro da Marea reclama que se aclare que pasou con esa subvención e que o Concello de Noia, planifique, coa seriedade requerida, a creación dun centro de día que responda as necesidades da veciñanza de Noia.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.