A Deputación apoia a 17 agrupacións de Protección Civil na adquisición de equipamento para mellorar o seu servizo

19 Agosto 2024

A Deputación da Coruña publica hoxe no Boletín Oficial da Provincia (BOP) a concesión definitiva das axudas a
agrupacións e asociacións de voluntarios de Protección Civil de concellos menos de 50.000 habitantes da provincia para realizar investimentos que impulsen o mantemento e o reforzo do servizo que prestan á cidadanía.
O importe total concedido nesta liña de axudas é 114.639,25 euros e benefician a un total de 17 agrupacións e asociacións da provincia, con importes que van desde os 4.000 aos 11.400 euros e que subvencionan ata un 80% das compras de equipos de comunicacións, equipos de rescate e salvamento, material de intervención en emerxencias, ferramentas ou equipos informáticos.
As entidades beneficiarias son as agrupacións de Protección Civil de A Pobra do Caramiñal, Abegondo, Betanzos, Carnota, Coristanco, Curtis, Muros, Muxía, Val do Dubra, Oroso, Mazaricos, Carral, Zas, Boiro e Negreira, ademáis de dúas asociacións de agrupacións de voluntarios, ás que se lles subvenciona a adquisición de equipos informáticos.
Estas axudas súmanse a outras 11 concedidas o pasado mes de xuño, por importe de 75.000 euros, para financiar actividades doutras tantas agrupacións da provincia
“A Deputación pretende con estas axudas apoiar o gran traballo que realizan as agrupacións de Protección Civil da provincia a través de programas consensuados coas propias agrupacións e atendendo ás súas necesidades máis directas, neste caso na dotación dos materiais que precisan para desenvolver o seu labor, pero tamén axudando a mellorar a formación dos voluntarios e voluntarias en cuestións como como prevención e atención a urxencias e emerxencias, manexo de radio e equipos de comunicacións ou pilotaxe de drons”, afirmou a deputada responsable da área, Cristina Capelán.

Outros artigos

Ribeira organiza unha charla sobre compostaxe doméstica e comunitaria

O Concello de Ribeira organiza a charla Compostaxe doméstica e comunitaria, unha actividade que busca achegar á veciñanza as claves para transformar osresiduos orgánicos en compost e darlles unha segunda vida. A cita será o mércores 21 de outubro, ás 19:30 horas, no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

Hai case oito séculos, as Sete Partidas de Alfonso X pretendían establecer unhas regras comúns para ordenar a sociedade. Hoxe vivimos nunha democracia con leis e mecanismos de control, pero segue vixente unha pregunta fundamental: de que serven as normas se quen debe...

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

Soy un ciudadano de a pie, que no entiendo el organigrama gubernativo. Cierto que me siento con el derecho de considerar que los que ostentan algún tipo de cargos deberían tener los estudios oportunos, y no simplemente facilidad para comunicarse entre ellos y para...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.