400 euros mais caro a volta o cole segundo a OCU

29 Agosto 2024


As familias españolas afrontarán un gasto medio de 2.588 euros por fillo no próximo curso escolar, un aumento de 400 euros respecto ao ano pasado.

colexio rural agrupado maestra clara torres

As familias españolas terán que desembolsar unha media de 2.588 euros por fillo durante o próximo curso escolar, o que representa un incremento de 400 euros en comparación co ano anterior, segundo unha enquisa realizada pola Organización de Consumidores e Usuarios (OCU). Este estudo, que encuestó a 917 socios con fillos de entre 3 e 18 anos, revela que os pais deben realizar un desembolso inicial superior a 500 euros só para que os seus fillos comecen o colexio.

O informe da OCU destaca un aumento do 13 % nos gastos por familia, aínda que estes varían significativamente segundo o nivel educativo e, especialmente, o tipo de centro escolar. Así, o gasto anual pode oscilar desde os 1.200 euros en centros públicos, onde estuda o 54 % dos enquisados, ata case 7.961 euros en centros privados, onde asiste o 8 % dos alumnos. Nos centros concertados, que acollen ao 38 % dos estudantes, o gasto medio sitúase en 3.396 euros.

As principais diferenzas nos custos entre tipos de centros débense á matrícula e as cotas mensuais (ou achegas voluntarias). Na educación pública, estes gastos son inexistentes, mentres que nos centros concertados alcanzan os 1.346 euros, e nos privados ascenden a 5.646 euros anuais.

Outros gastos, como o comedor escolar e as actividades extraescolares, tamén contribúen ao aumento do orzamento escolar. Ademais, o nivel educativo do estudante inflúe no custo da volta ao colexio, sendo a educación primaria en centros públicos (1.411 euros de media) e a educación infantil en centros concertados (3.720 euros de media) os máis custosos. Nos centros privados, os gastos anuais superan os 7.000 euros, independentemente do nivel educativo.

O informe tamén pon de manifesto diferenzas significativas entre comunidades autónomas. As familias de Madrid encabezan a lista de gastos, cunha media de 3.422 euros, mentres que en Castela e León e Andalucía o gasto medio non alcanza a metade desa cifra, con 1.799 e 1.717 euros respectivamente. Na Comunidade Valenciana, o gasto medio será de 2.725 euros, en Cataluña de 2.708 euros, e no País Vasco de 2.291 euros.

O custo de preparar a un neno para o primeiro día de clase pode superar os 500 euros, sendo os libros de texto (212 euros) e o material escolar (89 euros) os principais gastos. A isto súmase o custo do uniforme, que de media ascende a 181 euros.

Outros artigos

O servizo de Gardacostas de Galicia retira do mar 371 nasas ilegais

O servizo de Gardacostas de Galicia, dependente da Consellería do Mar, retirou 371 nasas fondeadas de xeito irregular na última semana de controis e inspeccións desenvolvidos por terra e mar na costa galega. Ademais destas artes para crustáceos e cefalópodos, o...

+

A Deputación e a AECC crean unha Rede de Concellos Contra o Cancro

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e o presidente da Xunta Provincial da Asociación Española Contra o Cancro, Javier Álvarez Barbeito, asinaron un convenio de colaboración para impulsar a Rede de Concellos Contra o Cancro da provincia da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La protesta de los estudiantes franceses”. José Castro López

“La protesta de los estudiantes franceses”. José Castro López

Francia convive cada cierto tiempo con pequeñas revoluciones o estallidos sociales que,aunque comparten escenarios, responden a causas diferentes. Recuerden la revoluciónde Mayo 68 de la que Daniel Cohn-Bendit, uno de sus líderes, dice que entonces losjóvenes eran...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.