Un total de 103 nenos e nenas participan no Verán Activo 2024 do Concello de Lousame

11 Xullo 2024


Un total de 103 nenos e nenas, de entre 6 e 15 anos de idade, participan estes días no Verán Activo 2024, un programa de conciliación familiar organizado polo Concello de Lousame e que terá lugar ata o vindeiro 19 de xullo, de luns a venres en
horario de 9:00 a 14:00 horas. Unhas xornadas con actividades que este ano están agrupadas baixo unha mesma temática: os Xogos Olímpicos.
A pesar de que o mal tempo desta primeira semana obrigou a adiar algunha das saídas de sendeirismo ata a próxima semana, a rapazada está a desfrutar dun amplo e variado programa de actividades deportivas e de auga, con inchables, saídas á piscina, sendeirismo…. Así, por exemplo, na xornada de onte desfrutaron dun Gran Prix con inchables para todas as idades no
polideportivo municipal da Silva.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.