Terceira xornada de competición no 2024 Junior World Champioship, que finaliza este domingo en augas da ría de Arousa

19 Xullo 2024

As augas vilagarciás do Centro Galego de Vela volveron ofrecer un día extraordinario para a navegación, onde está a reinar o suroeste con intensidades que roldaron este venres desde os 8 ata os 12 nós.

Cambios de rumbo nos titulares dalgunhas das clases que xogan o mundial de Vilagarcía, como é o caso do Nacra 17, onde os franceses Titouan Petard e Thea Lubac arrebátanlle o posto de líderes aos seus compatriotas Thomas Proust e Eloise Clabon, que agora son terceiros. Na prata provisional atópanse os irmáns Kwinten e Lieselotte Borghijs. Os belgas están empatados a 23 puntos cos primeiros e a tres puntos do bronce.

Clase Nacra 17. © Jacobo Bastos

A frota dos Nacra 17 por fin puido estrear en competición o novo formato “reaching course”, que modifica o sistema de saída tradicional por outro no que os equipos arrincan en rumbo directo de través cara á primeira baliza do percorrido. Todo un espectáculo de velocidade que permite aos catamaráns olímpicos render ao cento por cento desde o minuto un.

A este respecto, Manel Lligé, un dos máximos responsables do Mundial na auga, dicía que “a vela se moderniza e existe unha demanda social por facer máis atractivo este deporte e este novo modelo ofrece maior espectacularidade”.

Ruben Booth, fillo do mítico Mitch Booth e que se atopa en Vilagarcía como adestrador do equipo belga e británico, explica que “este novo formato cambia na súa totalidade a forma de navegar nos Nacra 17”.

En FX, co programa deportivo ao día (tres probas por xornada) as alemás Katharina Schwachhofer e Elena Stoltze manteñen a súa posición de líderes con 27 puntos, nunha categoría na que brillaron neste xoves as francesas Manon Peyre Clara-Sofia Stamminger de Moura.

As vixentes campioas do mundo xuvenil finalizaron con dous primeiros e son cuartas na clasificación xeral. Segundas, pola súa banda, son as italianas Sofia Giunchiglia e Giula Schio a dous puntos das alemás, e no bronce as danesas Rebekka Johannesen e Silje Cerup-Simonsen con 56 puntos.

As representantes españolas, Stella Enríquez e Marta Cardona, son agora sétimas na xeneral.

Os últimos en saír á auga neste terceiro día de competición foron os 49er. Os do grupo Amarelo fóronse ao campo Alfa e os do azul ao Bravo, validandon catro mangas cada frota en senllos campos. Tras tres días de competición buscando a clasificación no grupo Ouro (a metade da frota con mellores resultados), mañá comezan as súas series finais ata este domingo que finaliza o mundial.

Tetris de combinado no caixón do podio onde os tres banzos intercambiáronse dun día para outro. Tras esta terceira xornada, mandan agora os malteses Richard Schultheis e Youenn Bertin con permiso dos neozelandeses Sebastian Menzies e George Lee, que agora son terceiros. Na segunda praza sitúanse os representantes de Países Baixos, Wiebrand de Vos e Stijn Gast. Malta con 31 puntos, Países Baixos con 41 e Nova Zelandia, cun máis.

O Mundial xuvenil de 49er, 49er FX e Nacra 17 está organizado pola Real Federación Galega de Vela co patrocinio da Deputación de Pontevedra, a Xunta de Galicia e o Concello de Vilagarcía, contando tamén co apoio da Autoridade Portuaria e outras marcas colaboradoras no evento.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.