Ribeira aposta pola diversidade no programa das súas Festas de Verán

04 Xullo 2024

Este xoves 4 de xullo celebrouse a presentación das Festas do Verán de Ribeira, que se van estender dende o 31 de xullo até o 4 de agosto. Á presentación acudiron, o alcalde de Ribeira, Luís Pérez, o segundo tenente de alcalde, Francisco Suarez-Puerta, o presidente da comisión de festas, Daniel González e o representante da empresa Grupo Fercosqui, Alberto Fernández.

O concelleiro de Festexos, Suarez-Puerta debullou a variedade de propostas deste ano que ten como “piar principal a diversidade en tres diferentes vertentes, diversidade nos espazos, diversidade nas propostas e a diversidade para as persoas neurodiverxentes”. Segundo dixo, “no capítulo de espazos amplíanse a novas localizacións para unha maior promoción económica e no capítulo de propostas, cos máis pequenos como grandes protagonistas, achegaranse actividades para todos os públicos explorando novos estilos musicais demandados pola veciñanza; mesturando artistas da contorna con propostas máis consolidadas”. Así, unha das grandes apostas deste ano será a do flamenco. A maiores, recuperarase a sardiñada que outrora se celebraba no Campo da Feira e que pasará a facerse nas Abesadas.

No capítulo da atención á neurodiverxencia, as actividades do programa terán como elemento transversal a diversidade e a sensibilización sobre as necesidades de toda a rapazada, actuando en materia de control do audio nas atraccións e na prevención (farase entrega de auriculares de protección e instalaranse pictogramas). Neste senso, está programado que a Asociación Ágape organice un mercadiño solidario para visualizar unha cuestión tan relevante como a neurodiverxencia.

O alcalde Luís Pérez Barral gabou o labor e implicación do segundo tenente de alcalde, da comisión de festas e dos patrocinadores. Resaltou tamén a innovación, variedade das propostas, espazos e a inclusión. Pérez Barral resaltou importancia de seguir traballando arreo para que as festas sexan un éxito e un espazo de encontro, alegría e celebración. Rematou alentando á rapazada e ás familias de Ribeira a gozar neses días.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pasada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...