Publicadas as bases reguladoras das axudas do PERTE para a industria pesqueira e acuícola

10 Xullo 2024

O Boletín Oficial do Estado (BOE) publicou este mércores as bases reguladoras das axudas para a industria transformadora do sector da pesca e a acuicultura con cargo aos fondos europeos do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR).

En concreto, o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación ten previsto publicar antes de que finalice o verán a convocatoria de solicitude de axudas relativa a este ano.

Con esta liña de subvencións, Agricultura e Industria dan resposta á demanda da industria pesqueira e acuícola, que solicitou a súa inclusión no proxecto estratéxico para a recuperación e transformación económica (Perte Agroalimentario) polo seu “papel clave” para a economía de moitas zonas do litoral español.

A convocatoria das axudas que levará a cabo proximamente permitirá ao sector transformador da pesca e a acuicultura acceder ao financiamento de proxectos que supoñan un investimento superior a 1,5 millóns de euros e que se executen con prazo final do 30 de xuño de 2026. As axudas poderán cubrir ata o 50 % do custo do investimento, cun importe máximo de cinco millóns de euros.

Segundo consta no BOE, apoiaranse principalmente os investimentos que se presenten relacionadas coa eficiencia enerxética, a economía circular, os novos produtos, as melloras no envasado, os sistemas de rastrexabilidade, o uso eficiente da auga e todo o relativo a seguridade, hixiene, saúde e condicións de traballo.

Respecto aos pagos, estes quedarán condicionado a que exista constancia de que o beneficiario cumpre os requisitos establecidos, mentres que a axuda regulada pagarase con xustificación previa. Con todo, poderá realizarse nun só pago anticipado coa solicitude previa do interesado, salvo que a convocatoria especifique outra cousa.

O prazo máximo de execución e finalización deste proxecto será o 30 de xuño de 2026. Todas as solicitudes que se presenten para solicitar estas axudas serán obxecto dun procedemento de avaliación cuxa execución se encomenda á comisión de avaliación, que terá como función emitir informe debidamente motivado no que se concrete o resultado da avaliación efectuada e a orde de prelación consecuente de todas as solicitudes que cumpran os requisitos de admisión.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...