A sociedade do Barbanza en especial dos concellos de Ribeira e Noia, amosan nas últimas horas o seu pesar polo accidente do pesqueiro “Argos Georgia” , do que vimos informando en “obarbanza.gal” desde o primeiro momento.
Tamén os concellos amosaron o seu pesar pola desaparición dos veciños. Así a “Corporación Municipal de Noia” lamentou profundamente o accidente do pesqueiro “Argos Georgia”. As últimas novas son que hai dous galegos desaparecidos, un deles veciño de Noia. Agardamos a pronta aparición dos desaparecidos, así como amosar as nosas condolencias e solidaridade para as familias”.
Pola súa banda o Concello de Ribeira a través do seu alcalde dixo que estñá a ser un día duro por todo o acontecido co naufraxio. Luís Pérez declarou que dende que se produciu esta emerxencia estiven, di o rexidor, seguindo con preocupación as tarefas de rescate dos mariñeiros do barco “Argos Georgia”, especialmente sabendo que hai catro tripulantes de Ribeira. Quero expresar, unha vez máis, o meu cariño, solidariedade e apoio para elas e para os mariñeiros. As miñas sentidas condolencias ás familias e compañeiros dos falecidos. A dureza do mar faise palpable nestes momentos tan difíciles.
Tamén o Concello de Muros, quere enviar un sentido pésame e as súas condolencias ás familias dos tripulantes falecidos no naufraxio do Argos Georgia, dous deles galegos. DEP. Nestes momentos tan duros, queremos tamén estar moi preto das familias dos desaparecidos. Desexamos unha pronta recuperación e un rápido regreso ás súas casas dos tripulantes que foron rescatados.
A Consellería do Mar da Xunta transmite o pesar ás familias nestes momentos tan difíciles e o agradecemento e recoñecemento a todos os participantes nas tarefas de rescate dos supervivintes. O Goberno galego está a disposición para colaborar en todo aquilo que se precise.
O Partido Popular de Ribeira, “amosou a súa consternación e profundo pesar polas vítimas do naufraxio, esperando que pronto os “nosos veciños” estéan connosco e desexando que aparezan os desaparecidos. O PP de Ribeira, amosa amais o agradecemento e recoñecemento ós homes que traballan a diario no mar poñendose a disposición das familias”.
Pola súa banda o BNG “amosou o pesar polo falecemento dos mariñeiros do “Argos Georgia “, así polos que aínda seguen desaparecidos. Toda a forza e todo o apoio ás súas familias. O noso recoñecemento a todas as persoas que traballan non mar, un duro traballo poucas veces recoñecido“.
Tamén a sociedade galega e en especial da comarca transmite o seu apoio ás vítimas e failiares da tripulación do barco “Argos Georgia”:
Así desde a “Unidade Pastoral de Ribeira“ fan chegar a solidariedade e a oración da Igrexa, lembrando a inseguridade na que viven día a día os homes e as mulleres do mar. Dirixímonos especialmente ás familias dos falecidos e desaparecidos, e a todos aos que lles afecta esta traxedia pedimos, desde a dor inmensa, que “A Nosa Señora a Virxe do Carmen, Stella Maris”, alume sempre a súa esperanza.
Dende “Amas de Casa de Ribeira” amosan todo o seu apoio e cariño, ós familiares dos Tripulantes do Argos Georgia especialmente ós veciños de Ribeira. Estamos con vos.
“Asociación da praza de abastos de Ribeira” : “Desde el Mercado Municipal de Ribeira, queremos transmitir nuestro pésame a las familias de los fallecidos, que están rotas por esta trágica noticia y mucho ánimo a las familias de los desaparecidos y sobre todo fuerza a los familiares y amigos de nuestro querido vecino. Vamos a pedirle a la Virgen del Carmen que ayude a traer a todos los desaparecidos de vuelta“.
A “Cofradía da Dorna” fixo tamén público un comunicado no que amosa a súa máis fonda compasión coas amizades e familiares do ribeirense desaparecido en augas arxentinas, amosando a súa esperanza en que o servizo de salvamento atopen o “noso dorneiro de pro”.
Desde o resto de España están tamén chegando mensaxes de apoio, o Porto de Vigo di que ” una vez más el mar se cobra nuevas vidas. Todo nuestro cariño a familiares y amigos de los fallecidos y desaparecidos por el naufragio del palangrero“.
Como exemplo e desde a Cofradía Santoña engaden “la Mar y sus Gentes dar nuestro mas sentido pésame a las familias y amigos de los compañeros perdidos en el cumplimiento de sus labores. Hoy el corazón de tod@s nosotr@s se a teñido de negro.Con tristeza a la memoria de los pescadores del Argos Georgia. D.E.P“.