O Centro Náutico do Freixo (Outes) acollerá o vindeiro o venres 2 de agosto, ás 21.00 h, a primeira edición da Xornada de Consciencia Sonora, un convite a embarcarnos “nunha viaxe de autocoñecemento e benestar” mediante unha práctica guiada de movemento consciente e meditación, acompañada de música en directo. A xornada será impartida por Estela García (Alma Henko) e Rut Amor (artista musical). As prazas son limitadas polo que se necesita inscrición previa. Será preciso levar unha esteira (esterilla). Organiza o Concello de Outes.




