O incendio dunha cociña en Ribeira deixou dúas persoas trasladadas por inhalación de fume

23 Xullo 2024

Ambas foron evacuadas en ambulancia ao Hospital do Barbanza e o lume estaba xa apagado cun extintor cando chegaron os servizos de emerxencias.

O particular que chamou ao 112 Galicia indicou que saía abundante fume da cociña dun piso situado na Praza Oito de Marzo, en Ribeira. Pasaban escasos instantes das 13:45 horas, e polo menos unha das ocupantes da vivenda afectada precisaba asistencia sanitaria por inhalación de fume.

Unha vez no lugar, tanto os bombeiros como o Grupo de Atención ás Emerxencias Municipal (GAEM) fixeron comprobacións e confirmaron que ardera tanto a campá extractora coma os mobles máis próximos.

Os servizos sanitarios confirmaron o traslado de dúas persoas por inhalación de fume ao centro hospitalario de referencia.

No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Ribeira e Boiro, o GAEM de Ribeira e os axentes da Policía Nacional e Local.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.