O Festival Atlántica leva dous espectáculos á Pobra esta fin de semana

01 Xullo 2024

A Pobra do Caramiñal é unha das localidades nas que o Festival Atlántica espalla historias nesta duodécima edición. Dous espectáculos destinados a público adulto fusionarán narración oral e paraxe nesta fin de semana.

Un ano máis, a Concellaría da Cultura colabora con este certame “para aproximar esta disciplina artística á veciñanza, que se caracteriza por establecer un vínculo moi especial co público a través da palabra, dos xestos. Contos a viva voz, contacto directo e un escenario ao aire libre para crear novas experiencias culturais e recuperar a tradición de narrar historias”, manifestou a edil Patricia Lojo.

No venres 5 tocará oír a Su Garrido Pombo en Patios de luz, nos xardíns do Pazo do Couto. Alí contará e cantará unha historia común: a da emigración da aldea ós barrios, onde as protagonistas son as veciñas, a comunidade, o día a día, as hortas, o doméstico. A entrada efectuarase polas inmediacións da fonte do Castelo.

E a quenda da compañía En Branca e Negra, con Cris de Caldas e Amor Herrera, será no sábado 6 con Ida e volta, no Cantón da Leña. As artistas conxugan narración oral e música en directo para facer unha viaxe no espazo e no tempo a través de historias de migracións para non perder a memoria e riqueza da diversidade cultural; porque, rememorando o pasado, entenderase mellor o presente e respectarase o futuro.

Ambas están programadas para as 21.00 horas e son de balde.

Máis información na páxina web www.festivalatlantica.gal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.