
O Concello de Porto do Son, a través da Área de Benestar Social, celebra esta tempada, a partir deste mes de xullo, un programa de Talleres de Memoria para Persoas Maiores (a partir de 55 anos), que inclúe actividades de traballo, participativas e creativas para mellorar a calidade de vida das veciñas e veciños das parroquias e para mitigar e combater o deterioro cognitivo asociado á idade.
O programa, que resultou ser un éxito de participación, tivo que ser ampliado cunha nova sesión (de 11:00 a 12:00 horas, tamén os luns e os mércores) logo de que fosen completadas as prazas na sesión de 10:00 a 11:00 horas.
As actividades celébranse os luns e mércores nos ditos horarios no Club de Xubilados de Porto do Son e os martes e Venres na Casa da Cultura de San Pedro (ás 9.30 horas), de Xuño (ás 10.30 horas) e de Caamaño (ás 11.30 horas).
Quen precise máis información sobre estes obradoiros cen por cen gratuítos pode solicitala no teléfono 981 86 74 14.



