O Concello de Noia compartiu o programa da Feira Medieval, que comeza este 18 de xullo

18 Xullo 2024

A Concellería de Cultura de Noia compartiu finalmente no Facebook o programa de actividades da nova edición da Feira Medieval, que comeza este xoves 18 e que vén cunha cumprida axenda de ruadas, desfiles, actuacións, exhibicións de loita, exposicións de falcoería (cetrería), actuacións musicais (en Santa María A Nova, no Tapal e noutros enclaves históricos). obradoiros de oficios tradicionais e actividades para a rapazada.

A Feira Medieval de Noia, que comeza este xoves 18 de xullo, estenderase até o domingo 21. A Área de Cultura de Noia que dirixe Pepe Pérez, organizadora novamente deste evento que chega xa á súa vixésimo quinta edición, compartiu tamén nas redes o cartel oficial desta nova edición creado por Suso Xogaina.

Novamente haberá artesáns habilidosos e artistas da rúa sobrados de talento, postos de artesanía, cultura medieval a pé de rúa e un amplo programa de actividades, como torneos, xogos para a rapazada e exhibicións, que, xunto co importante aporte de participantes que se agarda, de toda Galicia e do resto de España, contribuirán ao que vén sendo o obxectivo primordial da feira: crear en Noia unha atmosfera auténtica e máxica da Idade Media.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pasada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...