O Concello de Boiro informa ao sector hostaleiro sobre o seu curso AFD de cociña

17 Xullo 2024

O Concello de Boiro realizou unha xornada divulgativa entre o sector hostaleiro para dar a coñecer a formación que se realiza no marco do curso de cociña das Accións Formativas para persoas Desempregadas. Na sesión participou o concelleiro de Formación e Emprego, Roberto Lojo, xunto con hostaleiros da comarca.

Na xornada as persoas convidadas participaron na degustación de once pratos elaborados integramente polos participantes no curso nos que puxeron en práctica as elaboracións aprendidas nos distintos módulos formativos cos que conta o curso. O obxectivo desta xornada foi dar a coñecer aos hostaleiros esta formación, na que os alumnos deben facer prácticas en empresas, e tamén servir para a integración laboral do alumnado.

O Certificado de Cociña, de 828 horas de duración, é de nivel 2 e está destinado a persoas que conten con estudos de nivel ESO ou competencias clave nivel 2, así como persoas que contan co certificado de profesionalidade da mesma familia nivel 1 (hostalería) e queren continuar a súa formación.

Os obxectivos destas accións formativas son mellorar a cualificación profesional das persoas traballadoras e mellorar as competencias profesionais relacionadas cos requirimentos de produtividade e competitividade das empresas, as necesidade de adaptación aos cambios nos sectores produtivos e á inserción laboral.

O Centro de Formación e Viveiro de Empresas de Espiñeira do Concello de Boiro acolle cada ano máis de 300 persoas que se forman en distintas modalidades co obxectivo de lograr unha saída laboral nos sectores produtivos máis demandados na comarca. Ademais das aulas de formación, o Concello de Boiro aposta polo emprendemento neste centro de Espiñeira, que conta cun Viveiro de Empresas e un espazo coworking que forma parte da Rede de Espazos de traballo colaborativo da Deputación da Coruña para que proxectos emprendedores poidan botar a andar a súa iniciativa empresarial.

Outros artigos

Pepita Vidal Pérez: a costureira que descubriu a poesía aos 62 anos

Luís Pérez Crujeiras (texto). Ribeira, 22 de xaneiro de 1948. A vida de Pepita Vidal Pérez é unha historia de esforzo, oficio e talento inesperado. Nacida nunha familia humilde, traballou desde nena na tenda familiar mentres a súa nai estaba na praza do mercado,...

+

Boiro sumou forzas contra o cancro cunha cadea humana no centro da vila

A Asociación Española conta o Cancro de Boiro conmemorou na tarde deste sábado 17 de outubro o Dia Mundial da Loita contra o Cancro de Mama, que se celebra o 19 de outubro, cunha gran cadea humana e a realización dun lazo na rúa peonil de Boiro. Durante estes días o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La protesta de los estudiantes franceses”. José Castro López

“La protesta de los estudiantes franceses”. José Castro López

Francia convive cada cierto tiempo con pequeñas revoluciones o estallidos sociales que,aunque comparten escenarios, responden a causas diferentes. Recuerden la revoluciónde Mayo 68 de la que Daniel Cohn-Bendit, uno de sus líderes, dice que entonces losjóvenes eran...

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.