O buque oceanográfico Emma Bardán estuda a poboación de cigala nos fondos mariños da provincia da Coruña

16 Xullo 2024

A subdelegada do Goberno, María Rivas, visitou este martes 16 de xullo, no porto da Coruña, o buque oceanográfico Emma Bardán, o máis pequeno dos tres buque de investigación pesqueira e oceánica do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación que actualmente está desenvolvendo en Galicia a campaña BATI-UF25-0724 consistente en cartografar con detalle a zona situada ao sur do Canon da Coruña, concretamente entre as poboacións de Laxe e Ferrol.

Segundo explicaron os responsábeis do buque, o traballo do cartografado dos fondos será a base para a avaliación por parte do Instituto Español de Oceanografía para avanzar no coñecemento da área e da distribución da cigala. Esta campaña a través da avaliación dos fondo onde poden atoparse as tobeiras e polo tanto facilitará esa segunda etapa na que xa mediante un sistema de cámaras poderanse investigar a fondo as poboacións de cigalas.

A subdelegada informou que esta actuación complementa tamén a desenvolvida no seu momento polo buque Vizconde de Eza, cubrindo as áreas menos profundas, cartografando os fondos comprendidos entre os 8-9 metros ata os 200 aproximadamente. O Emma Bardán desenvolverá esta campaña en Galicia nun total de 38 xornadas de exploración.

Explicou que este estudio servirá de base para “planificar as futuras campañas de recompilación de datos científicos imprescindíbeis para orientar a toma de decisións na xestión de esta especie”.

Os datos adquiridos na presente campaña poderán ser incluídos dentro do Proxecto Espace e polo tanto ser obxecto de financiamento polo Fondo Europeo Marítimo de Pesca e acuicultura

O buque de 29 metros de eslora e 7,5 de manga consta do máis modero equipo tecnolóxico para a navegación, así como dun sofisticado equipamento científico e de laboratorio. De feito a sonda que permite estes traballos de cartografado foi substituída por unha máis moderna, financiada con cargo aos Fondos de Recuperación, Transformación e Resilencia, o que ten permitido gañar moita calidade nos datos obtidos o que redunda nunha mellor resolución nos traballos que derivan de esta fase de exploración dos fondos mariños.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...