Muros aproba uns Orzamentos de 9.462.925,52 euros cun marcado acento social e 1,2 millóns para investimentos

10 Xullo 2024

O Concello de Muros aprobou este mércores 10 de xullo, en pleno extraordinario, un Orzamento Municipal para o ano 2024 de 9.462.925,52 euros, cos votos a favor dos grupos de BNG e PSdeG, e os votos en contra de PP e Muros Centrado. A alcaldesa destacou “o claro acento social destas contas e a importancia de contar cun novo orzamento, xa que o anterior era o do 2021 prorrogado”. E engadiu, respecto das previsións futuras: “O noso Concello contará cuns orzamentos anuais ata o final do mandato”.

Pola súa parte, a tenenta de alcaldesa, Caridad González, explicou que “con este Orzamento solucionamos a carencia de persoal coa que nos atopamos ao chegar o Goberno, ademais de abonar numerosas facturas de provedores que levaban case un ano de atraso”.

Dentro das contas aprobadas, destacaron os 1.254.217,30 euros para investimentos reais (13,25% do total), que se destinarán á realización de obras e actuacións que mellorarán os servizos e infraestruturas en todas as parroquias.

“Máis aló dos grandes proxectos, consideramos prioritario mellorar a vida dos nosos veciños e veciñas con obras de pavimentación, saneamento, abastecemento, ou acondicionando inmóbeis municipais para darlles un uso social”, explica María Lago, ao que engadiu Caridad González: “Trátase dun Orzamento prudente, necesario e efectivo, que nos permite traballar cun soporte económico que tamén nos vai valer para poder acceder a todo tipo de achegas e subvencións”.

A partida para gastos en servizos e bens correntes é de 2.053.876,40 euros (21,70% do total), para afrontar entre outras cousas o Servizo de Axuda no Fogar (SAF). Ademais, o Concello anunciou que reforzará todas as medidas sociais e de apoio á conciliación.

Nas transferencias correntes (1.213.111,57 euros) destaca a partida para facer fronte ao importante

aumento das cotas de recollida de lixo na Mancomunidade de Municipios da Serra de Barbanza.

No capítulo de gastos de persoal (4.566.358,31 euros), recóllense a totalidade dos postos de traballo do persoal funcionario e laboral fixo e indefinido coas retribucións actualizadas, de acordo coa vixente Lei de Orzamentos Xerais do Estado.

Ademais, dótanse as prazas do persoal que se xubila coa intención de cubrilas e reforzaranse a Policía Local, a limpeza viaria, a brigada de obras e o cadro de auxiliares do SAF.

“Estamos ante un Orzamento social e realista, unhas contas pensadas por e para os veciños e veciñas de Muros, que recollen na medida do posible as demandas da veciñanza e das distintas entidades do noso tecido asociativo, reforzando o noso plan de mellora continua de todos os servizos e infraestruturas públicas”, rematou a alcaldesa.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.