Mar mobiliza 123 millóns para “reactivar o sector marisqueiro”

03 Xullo 2024

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, acompañado da directora de Desenvolvemento Pesqueiro, Marta Villaverde, e dos representantes da Federación Galega de Confrarías, incluído o patrón maior de Ribeira, José Antonio Pérez Sieira (presidente da Federación Galega de Confrarías), presentou o Plan de Competitividade e Sostibilidade do Marisqueo en Galicia 2024-2025, que, segundo informou, “permitirá mobilizar 123 millóns de euros para reactivar o sector, recuperando a súa produtividade e garantindo a súa rendibilidade”. E engadiu: “A Administración autonómica cumpre a palabra dada en febreiro cando dende a Consellería se adiantaba a creación e posta en marcha desta ambiciosa iniciativa que xorde, precisamente, do traballo levado a cabo nos últimos meses e do consenso e do diálogo co sector”.

Segundo engadiu, o plan financiarase con fondos da Consellería do período 2023-2025 e do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e Acuicultura (FEMPA), a través do Programa Operativo 2021-2027. Así explicou, “só a garantir a sustentabilidade do sector, destínanse 63 millóns de euros; este apartado inclúe a análise de solucións técnicas que contribúan a desenvolver solucións ante a caída da produción e o impacto do cambio climático nas rías, ademais de medidas que permitan a conservación e restauración da biodiversidade e dos ecosistemas mariños, como a vixilancia dos bancos marisqueiros ou a contratación de asistencia técnica para a súa protección e recuperación que contemple a recollida do lixo mariño”.

A planificación, adecuación e mellora das zonas de produción, coa rexeneración de bancos danados; a formación marítimo pesqueira; o fortalecemento da colaboración entre o sector pesqueiro e organismos científicos (Redemar); o reforzo do labor do Intecmar, do CIMA e de Gardacostas; ou a constitución da mesa do marisqueo, integrada por persoal científico dos centros de investigación mariña autonómicos, persoal técnico dos centros directivos e os biólogos de zona da Consellería do Mar; son outras das actuacións que contempla o Plan nesta área.

En materia de competitividade, dotada con 60 millóns de euros, o plan inclúe accións “que buscan repercutir directamente nunha mellora da rendibilidade do sector tales como a investigación na mellora na produción de semente ou en como facer as especies mais resistentes á baixa salinidade”. O conselleiro engadiu que “tamén se traballa para complementar e diversificar as especies resilientes aos cambios ambientais; á vez que se traballará para incrementar o valor das actividades posteriores á captura na creación dunha plataforma de vendas; ou o fortalecemento da colaboración coas entidades asociativas (proxectos GALP, plan de equipamentos portuarios, convenios coas Federacións das Confrarías de Pescadores, un estudo sobre o seguro de produción, etc)”.

Outros artigos

Pepita Vidal Pérez: a costureira que descubriu a poesía aos 62 anos

Luís Pérez Crujeiras (texto). Ribeira, 22 de xaneiro de 1948. A vida de Pepita Vidal Pérez é unha historia de esforzo, oficio e talento inesperado. Nacida nunha familia humilde, traballou desde nena na tenda familiar mentres a súa nai estaba na praza do mercado,...

+

Boiro sumou forzas contra o cancro cunha cadea humana no centro da vila

A Asociación Española conta o Cancro de Boiro conmemorou na tarde deste sábado 17 de outubro o Dia Mundial da Loita contra o Cancro de Mama, que se celebra o 19 de outubro, cunha gran cadea humana e a realización dun lazo na rúa peonil de Boiro. Durante estes días o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La protesta de los estudiantes franceses”. José Castro López

“La protesta de los estudiantes franceses”. José Castro López

Francia convive cada cierto tiempo con pequeñas revoluciones o estallidos sociales que,aunque comparten escenarios, responden a causas diferentes. Recuerden la revoluciónde Mayo 68 de la que Daniel Cohn-Bendit, uno de sus líderes, dice que entonces losjóvenes eran...

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.